Voltamos á escritura normal cun dous dos temas favoritos deste blogue: A Coruña e a política. Oxalá algún día puidera pillar a os que se presentaron nas anteriores eleccións á alcaldía todos xuntiños, nunha conferencia ou algo así. Íanse cagar.
Primeiro temos ao Alcalde,
Javier Losada, do PSdeG-PSOE. Un tío ao que lle toman o pelo tanto desde Madrid como desde Santiago. Pide, non lle dan e cala a boca, en vez de loitar e protestar até que se a den. Aínda se fóra para infrastruturas intrascendentáis vale, mais é para cousas vitais, como a Terceira Rolda, a ampliación do noso Alvedriño ou a conexión do Porto Exterior.
Logo está o Teniente de Alcalde,
Henrique Tello, do BNG. Sempre está a dicir que Alvedro vai ter boas novas, que Alvedro vai ben, que leches. E á hora da verdade, un voó a Zaragoza non compensa a perda dunha compañía enteira e o recorte de conexións con Barcelona e Madrid.
Do PP, temos a Carlos Negreira, a oposición. Polo menos en teoría, porque está totalmente desaparecido. Non traballa, non se opón, nada. Dese partido saiu tamén Fernando Corcoba, un tío cun ego tan grande que se funda un partido co seu nome; e como a cousa non vai ben, abandona e funda
Unión Coruñesa con Carlos Marcos.
E para rematar, sí, ese Carlos Marcos. E que é para darlle de comer aparte, unha persoa que buscar chegar ao Concello como sexa. Puteou ao Partido Galeguista prostituíndo os ideais dos que disque son os herdeiros de Castelao -
nin o galego empregou, maldita sexa- para logo pasar deles e crear a cousa esa.
Que fixo A Coruña para merecerse esta clase política?