Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Erasmus 2009/2010: O Pfand

Até fai non tanto tempo, cando en España rematabas de beber o contido dunha botella, podías levala ao ultramarinos ou á túa tenda habitual e che devolvían unha cantitade de cartos dependendo do material e tamaño do envase. Iso en Alemaña aínda existe, é o Pfand.

O Pfand o pagas ti primeiro cando mercas a botella e cho devolven metendoas nunhas máquinas que as contan e devolven os cartos. Nas etiquetas dos prezos aparece especificado canto se paga por el, aínda que adoita ser 8 cts polas botellas pequenas, 15 polas grandes e 50 se teñen tapóns especiais ou calquera chorrada desas. Pódese saber se hai que pagalo, ademáis de pola etiqueta, claro, porque o pescozo da botella, onde se pon o tapón e máis gordo, e porque a botella leva debuxada este simboliño:





Decatémonos dunha cousa, son Erasmus, e a os Erasmus non é precisamente que nos sobren os cartos. Así que o Pfand ten unha grande aplicación para nós, e unha especie de mistura de conta bancaria e inversión en inmobles. A final de mes, cando un se ve sen contante para comer ou o que sexa, sempre pode ir a devolver tres botellas de 15 cts das que levas acumulando todo o mes en caso de vacas fracas, e xa podes mercar unha bolsa de espaguetis Gut&Günstig de medio quilo (xa falarei desta marca un día de estes) que custan 39 cts. Como vedes, seguro de vida case.

Eu, agora mesmo, teño en casa 4 botellas de cocacola de 2.25 litros, 6 de auga de 0.33 e como 25 de cervexa de medio litro, o que a final de mes me da para comer uns cantos días. Vida Erasmus pura e dura.

Erasmus 2009/2010: Introducción

Sei que fai moito que non escribo neste blog. Quería facer un novo para ir contando as miñas experiencias Erasmus, mais se xa teño aberto un, é unha tontería, aproveito este e xa está. Para o que non o sepa, estou en Tübingen, unha cidade universitaria de preto de 80000 habitantes, dos que 23000 son estudiantes. Está uns 60 quilómetros ao sur de Stuttgart -fábricas de Porsche e Mercedes-Benz e un dos grandes polos industriais de Alemaña xunto coa cunca do Ruhr e Frankfurt-, no land de Baden-Würtemberg. Está cerquiña das fronteras de Francia e Suíza tamén, a unhas duas horas en coche de cada unha.

Non entendo moito alemán, pero si que se nota que o sotaque de aquí é bastante diferente ao Hochdeutsch, ou alemán estándar. Afortunadamente, en canto a xente de aquí ve que non lles entendes moito xa muda ao inglés ou alemán estándar. De feito un cartel publicitario do goberno de Baden-Würtemberg dicía que podían facer de todo agás falar Hochdeutsch.
Ao ser unha cidade universitaria, hay moita vida nocturna, con festas casi todos os días. Se non son organizadas nos pubs e discotecas, son nas facultades ou en edificios da universidade, así que non faltan nunca. E se te fartas de Tübingen, disque sempre se pode ir saír a Stuttgart, porén aínda non o probei.

A vida cultural tamén e moi rica. Hai moitos castelos con museos preto, destacando os dos reis de Prusia e logo emperadores de Alemaña, os Hohenzollern. As bibliotecas son moi grandes e completas, e os concertos e exposicións son constantes. A Universidade, que inflúe en todos os aspectos imaxinables da vida política e pública de Tübingen, ten gran parte de culpa niso.

E que dicir da Universidade en sí? A Eberhard Karls é moi semellante ao que se supón, segundo a TV, que é unha universidade americana calqueira. Incluídos os dormitiorios, claro.

Nos vindeiros meses irei profundizando sobre todos os aspectos curiosos da vida en Alemaña e da experiencia Erasmus. Estade atentos a este blog.

 
ir arriba