Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Patria

"Se cativa é a Patria, un grande a soña"

Ruben Darío, El canto errante.

Capítulo 2.2

Alberte nunca fora un neno modelo. Dende que naceu, tras 17 horas de parto, deu problemas. Era intelixente e vivaracho, mais nunca amosou un interés constante por nada, o que lle levou a unha vida chea de psicólogos e tratamentos. Porén, el non era mala persoa. Simplemente, atopábase descolocado.

Un día calqueira, nunha desas sesións interminábeis, cun dos seus inumerábeis doutores, deu unha definición de sí mesmo bastante axeitada: "Nacín demasiado mozo para ver aos Beatles. Nacín demasiado mozo para Woodstock. Nacín demasiado mozo para probar a coca de Studio 54. Nacín demasiado mozo para ver a caída do muro de Berlín. Nacín demasiado mozo para ver a explosión de Internet. Que acontecimento teño eu como referente? Cal foi o impacto cultural da miña xeración? Nacimos alienados pola sociedade, ofuscados por visións comerciais, presionados por un modo de vida no que non se permite cometer erros. Na puta cultura occidental, todos sen excepción procuramos atopar un sentimento, xa sexa noso ou cara nós, que nos faga sentir especiais e poida alonxarnos de toda a merda que nos rodea. Algúns o atopan no amor, outros nas obras sociais e outros no alcohol ou nas drogas. Mais cando son eu quen está a o procurar, chámanlle enfermidade. E únicamente porque eu fun, e aínda son, consciente do que tento atopar."

E efectivamente, os doutores que lle trataban non vían procura tal. Vían un pai alcoholico, unha famila esnaquizada, e un coma que durou 15 anos. Só podían ver a un rapaz de 25 anos que pasou só máis da mitade da súa vida.

Sinxelamente xenial

Galiza perfecamente retratada:

O mundo ó revés

Cando é nova que a circulación dunha cidade é, por un día, fluída, é que algo vai mal. Imaxinade como ten que estar isto para que algo que debería de se-lo normal n'A Coruña -e en calquera outra urbe- apareza no xornal. E é que non é un segredo que o tráfico nesta cidade é unha verdadero sufrimento tanto para o condutor como para o Concello.

Motivos? Os de sempre: mala planificación no PXOM, a aplicación de parches que son pan para hoxe e fame para mañá... Chear o subchán da cidade con aparcamentos e máis aparcamentos nunca foi unha solución para o problema do transporte. Que faremos entón cando non cheguen? E cando a cidade medre tanto que un metro xa sexa preciso? Onde o meteremos se xa escavamos todo o que se podía escavar? E ese día non está tan lonxe, cando cidades como Palma de Mallorca, que só ten 100.000 habitantes máis (agás en verán, iso si), xa o ten.

Algúns dirán: o metro lixeiro. Parece ser que vaise instalar a partires das vías do tranvía turístico que temos (sí, ese que non dá máis que perdas de presuposto). Lembremos que fai uns anos xa houbo unha proba de un par de días, que non tiñan pinta de ser máis que unha exhibición. Semella unha boa solución, pero, por onde o fas pasar? En San Andrés, onde o metes? Como o fas baixar até Adormideiras, a miña casa? E na Ronda de Nelle?

Na miña opinión, este tipo de transporte non debería ser máis que un complemento ó metro de toda a vida. E este, tarde ou cedo rematará por chegar á cidade. Por que, por unha vez e aproveitando que Busquets está a redactar un novo PXOM, non temos visión de futuro e preparamos á cidade para algo que, de seguro, ten que chegar?

Back on track

Os Diarios do Capitán Pescanova voltan a actividade após un tempo de vacacións e reflexión obrigatoria, nos que pasei totalmente de blogs, fotologs, galipedias e demáis roios, para estar a miña bola.

Así que voltamos de novo. Desfruten se queren e poden, eu tentarei face-lo mesmo.

 
ir arriba