Fará un algo máis dun ano, descubrín, xa non lembro como, un xogo por internet. Semellaba un xogo como outro calquera, como pode ser o Hattrick, ou o Popomundo. Un xogo de rol típico, no que en troques de toma-lo rol de vampiro ou de cazatesouros toma-lo rol dun político. Chamábase Las Cortes.
Non podo estar máis agradecido de atopalo.
I é que este simulador de política foi clave no meu pensamento, tanto político como social. Desenvolvino completamente, plantexándome moitísimas cousas que endexamáis pensara. E non só iso, senón que ademáis atopei xente marabillosa de tódolos lugares do Estado e incluso de fóra del, unha comunidade sorprendente, dende redskins a falanxistas e dende independentistas cántabros a defensores da sacrosanta unidade española todos xuntiños debatendo e pasando bos momentos na Barra dun Bar. En definitiva, madurei moito grazas a un simple xogo de Internet. É curioso, podedes chamarme friki, pero é a verdade.
Dende eiquí, quixera pedirvos ás poucas persoas que len isto e que non xoguen, que polo menos lle den unha oportunidade de máis dunha hora, curioseando e lendo por el. Non vos defraudará, estou seguro.
Las Cortes 2
Publicado por Fran en 02:09 0 comentarios
Etiquetas: Las Cortes 2
A vida
Publicado por Fran en 19:26 0 comentarios
A noite Sundance
Este ciclo, nomeado como A noite Sundance, emítese nese canle tódolos domingos ás 22 horas, e non só se emiten eses filmes, senón que tamén se proxectarán cortos de directores noveis e hai unha tertulia posterior que repasa o emitido dando a visión propia dos tertulianos. Durará até o 15 de Abril, e os filmes serán en versión orixinal subtitulada ou en castelán, como prefira o espectador.
Este ciclo é importante por dúas cousas. A primeira, é que é un dos primeiros contidos exclusivos da TDT, e a segunda, que é a primeira vez que se fai un ciclo deste tipo con parte das innovacións que permite esta tecnoloxía.
Eiquí tedes os filmes que se emitirán:
28 de Xaneiro: Saalam Bombay
4 de Febreiro: You can count on me
11 de Febreiro: Primer
18 de Febreiro: Poison
25 de Febreiro: La vida y nada más
4 de Marzo: Heavy
11 de Marzo: Party Monster
18 de Marzo: Temporada de patos
25 de Marzo: Dossier 51
1 de Abril: Pusher
8 de Abril: Swoon
15 de Abril: Mala Sangre
Publicado por Fran en 18:52 0 comentarios
Etiquetas: Cine, Televisión
O 3A
Fai aproximadamente un mes, días arriba días embaixo, elíminábase unha das tres líñas de bus urbano das que pasaban por Adormideiras, o meu barrio, o 3A, e en troco, reducían a frecuencia da liña 3 de 20 a 13 minutos. Tamén cambiáronlle o percorrido, que na práctica pasou a se-lo que facía o 3A fai uns anos. Dixeron que foi porque os veciños de Adormideiras e de Monte Alto o pediron, cousa que as Asociacións de Veciños negaron.
Ben, pois hoxe anuncian que a partires do luns volverase a poñer a liña 3A porque a súa desaparición, e cito textualmente ó Alcalde, "supuxo un agravio para Adormideiras". Por fin se decataron de que se tarda menos en ir dos Salesianos a Adormideiras a pé que no bus. Agora só falta ver se manteñen a nova frecuencia do 3, coido que así vai ser, e cal vai a ser a frecuencia do 3A.
Agora sí, agora non, primeiro é bó para nós, despois que é un agravio. Coido que non hai quen os entenda.
Publicado por Fran en 20:14 0 comentarios
Etiquetas: A Coruña
Xabarín Club
A influencia deste programa da Televisión de Galicia na nosa xeración foi impresionante. Quen non lembra o Pero qué jallo é! ou o Estou na lavadora? Deu a coñecer o rock bravú, un rock xenuínamente galego que aínda ten certa influenza na actualidade, e máis se temos en conta que aínda que xa pasou de moda, algúns grupos deste xénero seguen aínda en activo.
Se queredes descarga-las canciones da nosa infanza, deixovos aquí unha ligazón para a descárrega directa. Disfrutádeas.
Publicado por Fran en 19:37 0 comentarios
Etiquetas: Música, Xabarín Club
Eu .gal
A coordinación do proxecto lévaa a Asocación PuntoGal, formada en xuño de 2006 por entidades provadas e particulares.
Dende aquí, quero aporta-lo meu graíño de area para tenta-la consecución do dominio con esta entrada, co báner que aparece embaixo á esquerda, e asinando aquí.
Detrás de nós, ven a Asociación PuntuLli, que reivindica o dominio .lli para o País Llïonés. E detrás, o caso vasco, aínda que o teñen aínda máis compricado.
Os cataláns tardaron 5 anos en conseguilo, conseguirémolo nós antes do 2011 ou non seremos quenes de acadalo?
Publicado por Fran en 04:54 1 comentarios
Final feliz
Publicado por Fran en 03:15 1 comentarios
Nova canción galega
Nembargantes, pensando no tema, estranoume que na Galiza non surxira un movemento deste tipo, tendo en conta o tiron popular da música social e reivindicativa de cantautor que había entón. E estranoume tanto que me puxen a buscar no gúgel a ver se atopaba algo.
Deixovos unha canción de Benedicto, titulada Os Compañeiros:
E a letra dunha canción de Miro Casabella publicada no seu disco Orvallo, de 2004, e titulada The Prestige:
Virxenciña de Muxía
ficou enchida de merda
ben poidera ser de ouro
si a virxenciña quixera.
Si a virxenciña quixera
ai la le lo ai la la lo,
Nin para ben
nin para mal
non o queremos no noso chan
nin para ben
nin para mal
non o queremos NUNCA MÁIS
Personaxes de prestige
veñen visitar Galicia
son os mesmos que nos trouxeron
a pobreza e a inmundicia.
A pobreza e a inmundicia
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...
Non has de esquecer Galicia
tanta ofensa e tanto engano
tanta burla e tanta morte
tanta rabia e tanto dano.
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...
Prepáranse grandes medios
Para combater a negrura
Voluntarios e mariñeiros
Corazón, enxeño e bravura
Corazón, enxeño e bravura
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...
A xuventude da morte
vaise pra as illas Canarias
traballar lonxe da terriña
por culpiña duns canaias.
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...
Dicen que van poñer
Un ave que corre moito
Para ficaren na nosa terra
Paxariños quero dos outros.
Paxariños quero dos outros
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben
nin para mal
non o queremos no noso chan
nin para ben
nin para mal
non o queremos NUNCA MÁIS.
Publicado por Fran en 04:36 1 comentarios
Libros
Nunca me animara antes a intentalo seriamente, pero teño gañas de escribir, como xa dixen nun dos posts anteriores. Sen embargo, o meu pai leva un mes ou así tentando que comece unha novela. El cre que Filoloxía serve para ser escritor e pouco máis, e se engadimos a ensinanza, non lle falta razón.
Así que quizáis sexa hora de cumprir ese desexo do meu pai e de facer honra á miña carreira, e, alomenos, facer unha especie de guión en canto teña un pouco de tempo. A ver que sae de todo isto.
Rematarei o libro? Chegarei a remata-lo guión, quizáis? Quen sabe. Pero posíbelmente tente.
Publicado por Fran en 03:48 1 comentarios
Etiquetas: Reflexións
Cumpreanos
Comezo a miña primeira entrada xa "oficial" celebrando o meu cumpreanos.
Sempre vexo a todo o mundo celebrando o seu dunha maneira ou doutra, aledándose moito por cumpriren un ano ou deprimirse aínda máis porque lles queda un ano menos para morrer.
Sen embargo, para min só significa que a Terra xira unha vez máis ó redor do Sol, unha vez máis dende o día en que nacín. Sei que para tódalas festas importantes digo o mesmo, pero e que tal e como está o mundo, con toda a miseria, as mortes, as guerras, as infraccións ós Dereitos Humáns....non estou para celebracións, sinxelamente. Páreceme frívolo.
Publicado por Fran en 01:02 1 comentarios
Etiquetas: Reflexións
Introdución
Benvidos a esta nova aventura blogueira, que comezo hoxe aquí. Este blog non pretende moito, a verdade. Teño a intención de que sexa o meu vehículo de expresión cara o mundo exterior, dunha maneira xeral, comentando diferentes aspectos da vida e do que pase ó meu redor.
Este é, se non lembro mal, o meu terceiro intento blogueiro, cuarto se temos en conta o meu fotolog. Os anteriores non foron para adiante, xa sea pola miña falla de ganas de actualizaren, ou por outras cousas. Espero e desexo que neste non teña os mesmos problemas, xa que sei que actualizarei este con relativa frecuencia, teño gañas de escribir.
Así e todo, moitas grazas por entraren, e se queres deixarme un comentario, será benvido.
Boa estadía, e benvido.
Publicado por Fran en 21:09 1 comentarios
Etiquetas: Sobor o blog