Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Musicovery

Grazas ó magnífico plugin para Firefox, o StumbleUpon, descubrín fai unha semana aproximadamente unha páxina chamada Musicovery. Nese tempo, esa páxina pasou a ser unha das máis visitadas dende o meu ordenador, sobre todo cando boto unhas mans de póquer ou estou a ler algo.

Que é Musicovery? Eles chámanse a sí mesmos Interactive WebRadio, ou sexa Radio Interactiva por Internet, o que define bastante ben a páxina. Ti chegas alí, e atopas unha especie de control de reprodutor á esquerda, e unhas instruccións de uso á dereita.

Podes elixir entre, por suposto, o xénero de música que queres escoitar, de que década queres que sexa, e se queres escoitar só cancións que foran éxitos ou tamén outras que non sexan moi coñecidas. Cando o fagas, pos o teu ánimo ou as túas gañas de bailar nuns eixos, e o reprodutor vaiche sacando cancións segundo eses parámetros.

Musicovery ten dúas versións, LoFi, de balde, e HiFi, de pago. A de pago non a probei aínda, pero mellora a que é a falla principal da versión de balde, a calidade do sonido das cancións, moi baixa. Porén, cal é a principal virtude desta web? Descubrir música non coñecida sen necesidade de estaren investigando por ahí. E precisamente é o que me adico a facer mentres xogo ó póquer.

País de pandereta

Cada día sorpréndenme mais as novas que saen nos xornais. Por se non nos chegara co do secuestro d'El Jueves (os debuxantes da portada irán a xuízo e todo), do que xa está todo dito, atopo novas que non sei como se poden dar en pleno século XXI.

Resulta que un xuíz quítalle en Murcia a custodia das fillas a unha nai por seren lesbiana. Ten que "elixir entre as fillas ou a súa nova parella". Menos mal que non hai discriminación por tendencia sexual, que se a houbera....

Por outro lado, resulta que en Ourense hai máis xefes que funcionarios e auxilares xuntos, e resulta que algúns cobran máis por complementos que por salario. Dame no nariz que é só un caso máis de malgasto dos cartos dos contribuíntes, tan típico por estes lares.

E xa, para rematar, resulta que fai 62 anos, un cura enterrou a un maquis na porta do cemiterio para que "todo o mundo puidera pisotea-la tumba do rojo". Suponse que a Igrexa non ten malicia, pero como todo o relacionado con ela, non é máis que unha tapadeira.

Así vai o país logo, se saen novas como estas, que chocan frontalmente contra o sentido común.

Como xogar mal un pocket pair decente? (II)

Se fai un tempo colgaba no blog un vídeo no que se veía a Jeniffer Tilly, xogando fatal unha mano de comezo especialmente boa, e no que quedaba en ridículo (xa coñecido como Tillydonk), colgo agora o mesmo vídeo lixeiramente modificado, xa que como non podía ser doutra forma, xa saíron versións de coña. Está en inglés, pero creo que se entende bastante ben.


Os poderes de Estado

"Comezando pola Monarquía e seguindo pola Igrexa, ningún poder nacional pensou máis que en sí mesmo"

Hustle

Fai tres días, atopábame eu navegando por Peliculasonline.net, procurando algo que ollar, cando o título desta serie chamou a miña atención: Hustle (La Movida). Non sabía nin de que ía, realmente pensaba que trataba sobre discotecas ou algo así, xa que en España, esta serie a botou People+Arts, e nunca ouvira falar dela. Ten catro tempadas de seis capítulos cada unha, estando unha quinta confirmada.

Esta serie, feita pola BBC, trata de cinco timadores, os seus timos e as súas relacións persoais. Porén, a pesares de que a primeira vista semella unha serie típica, ten unha serie de factores que a fan destacar sobre outras series do xénero. Para comezar, a factura técnica é moi boa, da gusto ve-la fotografía (sobre todo a utilización maxistral da cuarta parede) e os guións enganchan sen remedio. Os momentos "ida de olla" están moi ben metidos, un exemplo, cando nun dos últimos capítulos da primeira tempada, o loiro e o chico de color comezan a bailar nun musical de película para lograr timar a un dono de casino cuxa única pasión é o cine. E por suposto, como serie inglesa, ten os seus moitísimos puntos graciosos.

A parte mala: o loiro e a moza non teñen nin idea de actuar, pero queda compensado polas boas interpretacións do resto, sobre todo dos dous máis maiores, interpretados por Robert Vaughn e Robert Glenister.

A verdade é que a recomendo, sobre todo tendo en conta que non fai falla ver tódolos capítulos seguidos. Está moi ben para tempos mortos do día nos que estás aburrido e non tes nada máis que facer.

E outro ano máis....

... que se cumple do infame día na que a democracia foi derrocada polos fascistas.

Esperemos que nunca volte a pasar.

Fullmetal Alchemist

Nunca fun moi afeccionado do anime xaponés. De feito, fóra de Oliver e Benji, Son Goku, Arale e Saint Seiya nunca vin nada. Porén, o outro día recomendáronme esta serie, Fullmetal Alchemist. E ollo, que esta entrada pode conter spoilers.

A serie trata de dous rapaces, Edward e Alphonse Elric, ós que lles morre a nai, e após estuda-la alquimia, tentan resucitala. No proceso, Alphonse, o irmán menor, perde todo o corpo, e Edward transmuta a súa alma nunha armadura, perdendo el tamén unha perna e un brazo. A partires dese momento, a serie se convirte nun viaxe para recupera-los seus corpos a través da Pedra Filosofal, que se supón que incrmente o seu poder até límites insospeitados.

O que é a serie, comeza dunha maneira bastante frouxa para ir gañanado intensidade na mitade final, aínda que o xiro argumental que lle deron na último capítulo co do mundo real no outro lado da porta, e que logo da pé ó bodrio de pelicula que fixeron e que lle da o verdadeiro final á trama, era prescindíbel. Por outro lado, o final da serie é bastante predecíbel, e dende o primeiro capítulo xa che dan pistas del. Eu adiviñeino no capítulo 14, de 51 que ten.

En definitiva, a serie vése ben, e se disfruta, chegando a enganchar, pero tampouco vos esperedes unha marabilla.

O meu primeiro torneo de poker

O venres pasado, día 13 de xuño, xoguei o meu primeiro torneo de poker en vivo, na Cervecería Penique, nunha das perpendiculares a Xoan Flórez.

Inscribíronse 31 persoas nun torneo de 10€ de buy-in máis unha recompra na primeira hora ou un add-on no primeiro descanso opcional, que agás tres ou catro fixo todo o mundo. Comezando con 2000 puntos, cegas 25/50 e 20 minutos por nivel, convertiuse nunha especie de lotopoker provocado polo pouco tempo dispoñíbel que se tiña. Citados alí ás 22, o torneo en sí comezou unha hora despois.

Estiven cómodo na primeira mesa na que xoguei. Na segunda ou terceira man, vexo AKs dende UTG, e subo 4BB. A cega pequena o ve, o resto se tira. Flop: 4c, 4d, Kh. O turn e un trébol, e o pot xa é bastante grande. O river é o Kc, o que me da o full, e o tipo entra all-in. Vexoo, pensando en que tiña cor. Efectivamente, ensina J10c, ensino o full e o tío vai facer a recompra.

Unha rolda despois, vexo 1010 dende UTG+1. Subo 4BB, e hai unha resubida dende o button, que xa estaba shortstack, e outra dende a cega pequena. Eran dous xogadores bastante agresivos preflop, así que despois de pensalo un pouco, decido tirarme, e eles dous acaban all-in preflop, ensinando AQo e par de ases. Ben tirado. Ningunha das dúas mans mellora coas comunitarias, aínda que sí sairía outro 10.

Un rato despois, e co meu stack xa polos 6000 con add-on incluído desmontan a nosa mesa, quedando unhas 18 persoas. Nesa mesa, o principio tamén me atopo cómodo, até que se van dous fóra e traen ós dous chipleaders ó mesmo tempo, e os poñen con posición sobre min. Así que decido xogar máis tight, e semella que o resto da mesa pensou o mesmo, porque convertiuse nunha loita entre eles, até que un deles foise. Un par de manos de farol, e non fixen nada máis que robar unhas cegas, cando de súpeto vexo ases negros na miña man, estando en MP1. Lanzo all-in de cara, e a cega grande o ve con AJo. Non melloran, e elimino ó tipo. Pouco despois, xa só quedaban 7 persoas, así que mesa final.

Na mesa final, entro con preto de 10000 puntos. Na primeirísima man, entranme K10 en MP2. Subo e mo ven. Flop: AQ10 rainbow, que me da proxecto gutshot de escaleira e low pair. Volvo a subir, e o que mo viu, o chipleader da outra mesa, e lanza all-in. Após pensalo un bó rato, o vexo, Tiña dobres A10. Pero o turn trae a miña escaleira, e dobro, poñendome preto dos 20000 e nunha posición cómoda para afronta-la burbulla, que tras unha hora, rompe. Quedamos os 5 dos premios. Cando quedabamos 4, veu a man que me deixou tocado, e que foi moi semellante a anterior coa que me dobrei. Q10o na man en cutoff. Subo a 4000 e me resube Ricardo a 10000 dende a cega pequena, o organizador do torneo, un xogador moi tight. Vimos o flop: AJ10 rainbow. Ambos check. O turn trae unha blank. Aposto 5000 e el lanza all-in. Quédabanme 5000 detrás, e despois de poñelo en AQ, AK, AJ ou incluso par de ases, decido tiralas, xa que Alber, que viña comiho, estaba moi short e xa lle quedaba pouco. De feito, dous mans despois, Ricardo botao cun par de ases limpeados dende a cega pequena.

Quedamos 3, Ricardo, Bea (a moza do fillo de Juan Maceiras, o que ganou o pasado Sunday Millon e o Warm Up). E as cegas xa eran 1/4 do meu stack, así que cando vexo A9 lanzo all-in de cara, que non mellora ante o AJ de Ricardo que flopea dobres parellas. Resultado final: 3º e 114 euros de premio. A gañadora final foi Bea.

Moi boa experiencia, a verdade, e coñecer a xente que comparte a túa aficción en Coruña é sempre interesante.

O importante da vida

"Gastei unha morea de cartos en autos, bebida e mulleres. O resto simplemente despilfarreino."

Exhibición de Mercedes

Navegando polo Youtube, atopei un vídeo impresionante. Neste pódese ver unha comparación de rendimento en carreira de catro dos modelos punteiros de Mercedes: o MP4-22 de Fórmula 1 conducido por Fernando Alonso, o CLK 63 AMG Black Series utilizado como Safety Car en F1 pilotado por Bernd Mayländer, o AMG Clase C de DTM dirixido por Jamie Green e o Clase C 350 de rúa conducido por Susie Stoddart.

Nel, se nos amosa a verdadeira capacidade dun Fórmula 1 diante de calquera outro tipo de coche, xa que Alonso é capaz de gañar a pesares de saír con 40 segundas de retraso e facer unha parada en boxes que os demais non fan. O xeito de adiantar ós outros tres coches na recta final é simplemente espectacular.



Este video, supoño que o porán no previo da carreira de mañá en Telecinco, xa que é subido do 4 de xullo e xa sabemos o lambecús de Alonso que son alí.

The Universal

Blur nin me gusta nin me deixa de gustar. Pero a meirande parte dos grupos e cantantes, excepto Camela, teñen sempre algunha canción que me gusta moito. Porén, The Universal, de Blur, é especial. Dende o tema, que me trae sensacións, até o vídeo, baseado en A Clockwork Orange, unha película que me encanta.

Paga a pena:




This is the next century
Where the universals free
You can find it anywhere
Yes, the futures been sold
Every night were gone
And to karaoke songs
How we like to sing along
though the words are wrong

It really, really, really could happen
Yes, it really, really, really could happen
When the days they seem to fall through you
Well, just let them go

No-one here is alone
Satellites in every home
Yes, the universals here
Here for everyone
Every paper that you read
Says tomorrows your lucky day
Well, heres your lucky day

It really, really, really could happen
Yes, it really, really, really could happen
If the days they seem to fall through you
Well, just let them go

 
ir arriba