Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Hustle

Fai tres días, atopábame eu navegando por Peliculasonline.net, procurando algo que ollar, cando o título desta serie chamou a miña atención: Hustle (La Movida). Non sabía nin de que ía, realmente pensaba que trataba sobre discotecas ou algo así, xa que en España, esta serie a botou People+Arts, e nunca ouvira falar dela. Ten catro tempadas de seis capítulos cada unha, estando unha quinta confirmada.

Esta serie, feita pola BBC, trata de cinco timadores, os seus timos e as súas relacións persoais. Porén, a pesares de que a primeira vista semella unha serie típica, ten unha serie de factores que a fan destacar sobre outras series do xénero. Para comezar, a factura técnica é moi boa, da gusto ve-la fotografía (sobre todo a utilización maxistral da cuarta parede) e os guións enganchan sen remedio. Os momentos "ida de olla" están moi ben metidos, un exemplo, cando nun dos últimos capítulos da primeira tempada, o loiro e o chico de color comezan a bailar nun musical de película para lograr timar a un dono de casino cuxa única pasión é o cine. E por suposto, como serie inglesa, ten os seus moitísimos puntos graciosos.

A parte mala: o loiro e a moza non teñen nin idea de actuar, pero queda compensado polas boas interpretacións do resto, sobre todo dos dous máis maiores, interpretados por Robert Vaughn e Robert Glenister.

A verdade é que a recomendo, sobre todo tendo en conta que non fai falla ver tódolos capítulos seguidos. Está moi ben para tempos mortos do día nos que estás aburrido e non tes nada máis que facer.

0 comentarios:

 
ir arriba