
E isto só por mencionar o máis coñecido. Abofé que hai outras marabillas escondidas, ora que xamáis pensarías que poderías ser vistas dese modo, ora que nin as coñezas.
E eu non me decatei delo até onte, vendo varios fotologs que atopei por unha bendita casualidade. Vou mencionar dous. O primeiro deles, cidadecoruna, amósanos a urbe desde un punto de vista máis artístico que arquitéctonico, cun toque romántico que chega a emocionar, e con algunhas fotos, que para min, son de moitísima calidade (que fique en acta que eu de fotografía sei máis ben pouco, por non dicir nada). O segundo é cruniacity, que é precisamente todo o contrario. Enfocado na arquitectura e no deseño urbanístico da cidade, este fotolog amósanola como é fóra do feísmo que ás veces fai acto de presenza, unha mistura de modernidade e tradición.
Para rematar, o bonus track: brigantium, un fotolog con fotos antigas da cidade, que nos amosa que non só para o home pasa o tempo.
2 comentarios:
Oes, non sei se se che colou ou se equivocaches a ligazón, pero a igrexa románica da que falas leva a Compostela...
xD veña, apertas
Levas razón.... Graazas polo aviso.
Corríxoo agora mesmo.
Enviar um comentário