Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Lectura

"Ama-la lectura é trocar horas de hastío por horas de inefábel e deliciosa compañía."


Entrada 101

E agora sí, facemos repaso dos 101 primeiros posts deste blog.

Se teño de ser sincero, nos comezos, eu cría que este blog non ía durar moito, ó igual que lle pasou ós meus primeiros intentos. Porén, após 100 entradas, aínda teño moita corda para escribir, que nos comezos era o principal obxectivo desto. Mais, alén diso, teño de darlle ás grazas a Núria por animarme a comezalo e a mantelo.

Fai poucos días, menos de dúas semanas, o robot de google pasouse por aquí e introduciu este blog na súa base de datos para as procuras. A consecuencia directa disto foi que nese tempo, as visitas pasaron dende unhas 400 ás preto de 1100 que sinalan o contador de abaixo á dereita agora mesmo.

En canto ós contidos, todo tipo de temas tocáronse neste blog, dende política ou cousas de internet até literatura ou cine. Iso é porque isto é un blogue personal, e non pretendo centralo no só tema, simplemente que escribir as miñas cousas nel. Non pretendo nin gañar cartos, nin que este se convirta nun blog de referencia no blogomillo nin nada dese tipo, só escribir. E polo tanto, así seguirá.

E agora, unhas cantas curiosidades:

A procura máis rara en Google que levou ó meu blog: Video de mosquitos volando
A páxina máis visitada alén da portada: Poema dos tres tristes tigres
Motor de búsqueda máis utilizado para chegaren aquí: Google
País dende o que se reciben máis visitas: España
Sistema operativo máis utilizado polos visitantes: Windows XP
Navegador máis utilizado polos visitantes: Microsoft Internet Explorer 6
REsolución de pantalla máis utilizada polos visitantes: 1024x768

Entrada 100

Ía escribir un pequeno artigo de autobombo para celebra-la entrada número 100 do blog, pero onte mirei unha foto túa, e dinme conta de que alén dos Diarios do Capitán Pescanova, hai unha cativiña que merece hoxe aínda máis unha entrada.

Ás veces, cando falo con xente que non te coñece, pregúntanme o teu nome. Eu nunca contesto o mesmo, e non porque non me lembre del, senón que me deixo levar polos meus pensamentos e sentimentos, e contesto o primeiro que vén á miña mente. Poucas veces podo evitalo, qué lle imos facer. De feito, canto máis o penso, menos quero evitalo, xa que iso non é máis que un reflexo do moito que inflúes na miña vida cotiá.

Para mín chámaste República, se falamos de política.
Chámaste Bondade, Soliedariedade, Igualdade ou Liberdade se falamos de como eres.
O teu nome é Amor, Dozura, Cariño, Paixón, Bico ou Mimo se falamos de nós.
Aínda que tamén Esperanza, Vida, Estabilidade ou Futuro se falamos do que me aportas.
E por suposto, Anxiño, Cativiña ou Ruliña, se falamos entre nós.

Porén, hoxe e só hoxe, chámaste 1 e pico. E sempre que penso en ti neste día, quixera que te chamaras 24, quixera que estiveras na miña vida dende que naciches.

Velaquí o meu regalo:



Cuatro años de felicidad intercalada
Cuatro años de desconfiadas miradas
Y una historia de amor interrumpida
Maldita sea, maldita sea mi vida.

Y una rosa nació entre mis manos
Y sus púas mi sangre han derramado
Sangre que brota del fondo del corazón
Maldita sea, que paso con mi razón.

Tranquila mi vida
He roto con el pasado
Mil caricias pa decirte
Que siete vidas tiene un gato
Seis vidas ya he quemado
Y esta ultima la quiero vivir a tu lado, Oh, oh.

Y ahora me encuentro en medio de este lago
Con los pelos de punta recuerdos del pasado
Con la frente arrugada mirando la explanada
Pensando en ella que me dio todo por nada
No puedo olvidar tu cuerpo desnudo

Me revienta pensar quien puede estar
Encima de ti
Cuando pienso que alguien te puede probar
Te lo juro, que el corazón se me hace un nudo.

Tranquila mi vida
He roto con el pasado
Mil caricias pa decirte
Que siete vidas tiene un gato
Seis vidas ya he quemado
Y esta ultima la quiero vivir a tu lado. Oh, oh.

Fotos que definen á Historia

A través de Menéame, atopei un fío nun foro irlandés sobre política chamado Politics.ie, titulado "Pictures that define History" (Fotos que definen á Historia). Nel, os foreros van facendo unha recopilación de tódalas fotografías que ó longo da Historia foron inmortalizando momentos claves que cambiaron o rumbo do mundo.

Entre elas, podemos atopar moitas moi coñecidas, e outras que, alomenos para mín, non o son tanto, pero igual de impactantes. Velaquí algúns exemplos:


O Exército Vermello Soviético iza a súa bandeira no Reichstag no fin da Segunda Guerra Mundial.


Un cidadán chino prántase diante dos tanques do exército durante as Protestas da Praza de Tian'anmen.


Un paxaro carroñeiro acecha a un neno que está apiques de morrer de fame.

E a miña preferida:

O Miliciano Descoñecido, de Robert Capa.

Director por un día

Segundo leo na edición dixital do 20 minutos, o día 31 de Maio déronlle, por un día, a dirección do diario Bild, un dos máis importantes de Alemaña, ó músico irlandes, Bob Geldof, que tamén é activista político.

Cal foi o resultado? Unha portada impactante que chama a atención sobor o problema da fame en África, que cada día mata a 30000 persoas, 10 veces máis das que morreron no atentado do 11S, e 100 máis das que morreron no 11M.

Esta portada coincide coa reunión do G8 que está a ter lugar en Alemaña, e o obxectivo de Geldof foi chama-la atención non só dos lectores, senón tamén dos políticos que estarán presentes alí.

El dí que funcionará, eu non o teño tan seguro. Todos sabemos que os políticos só miran por eles mesmos, e que a soliedariedade entre países apenas existe. Pero é boa iniciativa, porén.

 
ir arriba