Coincidindo co comezo da emisión de Heroes na TVG o vindeiro xoves 14 de xuño, estiven vendo a primeira tempada nunha destas webs nas que se poden ver cousas en DivX sen necesidade de descargalas ó teu PC. Que conste que non foi premeditado, se chego a saber antes que a ían dar, non a vexo.
Atención, porque esta entrada pode conter spoilers, se non viches a serie e tes pensado vela na Galega, ti verás ó que te expós.
Bueno, pois o primeiro comentar que me parece un serión, pero mal rematada e, especialmente, cunha trama que non me gustou nada e que semella estar metida con calzador: a de DL, Niki/Jessica e Micah. Pásalles de todo, para que o final, ó único que ó que estean destinados a facer é que o neno poña a man nunha máquina de voto para que Nathan Petrelli gañe ás eleccións. Sóame moi forzado, e as partes nas que saen eles son moi lentas.
Na outra man esta Hiro Nakamura e o seu amigo Ando. Alén dos xogos de palabras en inglés Hiro/Hero, este personaxe é un dos máis carismáticos e entrañábeis dos últimos tempos na televisión. O seu xeito de coloca-las gafas cando as ten a medio caer, unido ó seu xesto de esforzo cada vez que fai uso dos superpoderes e á súa personalidade, ó mesmo tempo teimuda e valente que cariñosa e fiel, fan del que sexa un dos personaxes que lembraremos durante moito tempo. Iso sí, chirrioume o "Fíxeno" en lugar do seu "Yatta" característico. Ademáis é o personaxe máis indispensábel da serie, xa que sen el non se poderían dar esas mudanzas de espazo e tempo que de súpeto se dan. E despois está o Hiro do futuro, que é un contraste total con él, e que amosa os cambios que se poden dar se non cumpre a súa misión.
E é precisamente o capítulo no que se adiantan 5 anos ó tempo real, na miña opinión, o mellor de toda a tempada. Five Years Gone, o episodio número 20, pega un cambio de tempo e nos ensina que pode pasar se ó final Peter Petrelli explota e destrúe Nova Iorque. Porén, o season finale é moi frouxo, sen apenas a emoción que a serie porporciona na meirande parte dos moitísimos cliffhanger que aparecen ó longo de toda a tempada.
En definitiva, doulle moi boa nota, que sería perfecta se non fora polo final. Xa veremos a segunda tempada, da que se nos da un adianto de preto dun minuto e medio cando remata o derradeiro capítulo desta.

0 comentarios:
Enviar um comentário