Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

O mozos hogano

"Pues les pasa que sus almas están presas en una trampa y eso les duele, y nadie parece comprenderles. Que sus instintos gritan a una razón que ha sido estupidizada. Que están cabreados y no pueden articularlo porque ciertas palabras están prohibidas. A los jóvenes de hoy no les importa nada porque nadie les enseña nada que de verdad valga la pena. Los jóvenes de hoy no tienen metas porque ya no quedan metas. Viven en una triste farsa y no tienen sueños a los que aferrarse. A los jóvenes de hoy se les vende esta mierda de realidad con tan bonitos eufemismos que no pueden entender por qué no son felices. Los jóvenes de hoy no se drogan, se automedican una depresión tan profunda que ni siquiera son conscientes de ella."

Descrición coincidente co que lles escribe. Fukowski, dando no cravo.

A evolución da vida

Hai certos momentos claves na vida en que unha persoa se decata de que a súa xeración xa medrou, e son un pouco máis maiores.

Lembro tres momentos deses na miña vida.

O primeiro foi cando cumprín os 10 anos. Pasei todo o día pensando en que a miña idade pasaba de ter unha a dúas cifras, en que tiña unha década de via nas miñas costas. Daquela aínda era mozo e inocente.

O segundo foi cando os meus amigos comezaron a te-lo carné de conducir e coche. Nese momento dinme conta de que xa éramos maiores de idade, que tiñamos responsabilidades reales, que xa non éramos aqueles mozos inocentes de 10 anos. Podiamos matar a alguén, ou a nós mesmos, co noso coche.

E o terceiro foi hoxe. Fai uns días, dixeronme que dúas amigas miñas casaban cos seus respectivos noivos. Pero até o momento xusto de comezar este post, non me decatara das implicacións desta nova. Unha voda significa comezar unha familia nova, entrar por fin de cheo no mundo dos teus pais e deixar o dos nenos.

Ollei para atrás, e vin o pouco que fixen na miña vida. Por suposto, depriminme.

Amor

"Nunca hai suficientes Quérotes"

The IT Crowd

Hoxe comecei, e rematei, de ver unha serie de televisión británica chamada The IT Crowd, que se estreou o ano pasado cunha tempada de seis capítulos e da que a segunda está a piques de ve-la luz. Pódedela ver, sen precisar descarga, aquí.

Esta serie vai de dous tíos e unha moza que traballan no departamento de informática dunha grande empresa, e onde teñen de desenvolverse nun ambiente onde son marxinados e considerados como "monstruos".

Retrata moi ben as dúas típicas visións que unha persoa normal ten dun informático: o do friki desaliñado e vago, interpretado por Chris O'Dowd; e o friki cerebriño, maxistralmente encarnado por Richard Ayoade. Completa o trío de actores protagonistas Katherine Parkinson, facendo de xefa do departamento que non ten nin idea de informática.

A serie ten os seus momentos graciosos, soltando polos poros o típico humor anglosaxón que ás veces non é de fácil comprensión, máis aínda se temos en conta que polo momento só está dispoñíbel en inglés subtitulado. Porén, a maioría dos chistes informáticos son doados:

- Ola, IT. Probou a apagalo e a encendelo de novo?

Na miña opinión, esta serie está chamada a ser a vindeira serie de culto friki. Abofé.

Just like Heaven



[...]
You
Soft and only
You
Lost and lonely
You
Strange as angels
Dancing in the deepest oceans
Twisting in the water
You're just like a dream
[...]

Foder

As veces eu tamén sinto que non son capaz de encaixar. Vía Microsiervos.

A nova Fnac

Antonte inaugurouse a nova tenda da multinacional francesa FNAC n'A Coruña, que é a primeira de Galiza tamén. E, como non podía ser doutra forma, onte pasei por alí a ver que tal.

Levei moi boa impresión: dúas prantas, a -1 xigante, que ocupa todo o terreo da Praza de Lugo. Todo o que te poidas imaxinar no ámbito cultural e informático, dende vinilos antigos (vin por alí o Sgt. Peppers dos Beatles) até libros en francés e inglés pasando por unha sección adicada exclusivamente a literatura clásica cubana.

Levei moi boa impresión, a verdade, e rematei saíndo de alí cun libro baixo o brazo: El Escudo de la República, de Ángel Viñas.

Por certo, o Conselleiro Delegado da Fnac para España, Cristophe Deshayes, acaba de anunciar nunha entrevista que Marky Ramone, o segundo batería de los Ramones, estará na cidade asinando discos nunhas semanas.

Censura publicitaria

A través do excelente, como xa comeza a ser habitual, artigo de hoxe de Hernán Casciari en El País, atopo este anuncio, que, aínda que pésimo, fai unha crítica bestial a Letizia.... Por suposto, rematou censurado.

"Todo o que somos é pó no vento"

A Xustiza de España

Farruquito: Atropello mortal con omisión de socorro. Sentenza: 16 meses de cadea.

Cándido e Morala: Romper unha cámara de videovixilancia durante as protestas de Naval Xixón. Sentenza: 3 anos de cadea.



Mostra do que é España.

Anécdota pokeril

Hai unha lenda urbá que dí que no Main Event das World Series of Poker de 2006, un tipo, que chegara alí a través de satélites de diferentes salas en Internet, viu uns pocket rockets (AA preflop) na primeira man do torneo. O Main Event das WSOP comeza cunha estrutura de cegas de 25/50 que dura dúas horas, estando os xogadores ó comezo con 10000 fichas.

Como é normal, meteu 4BB (catro veces a cega grande, esta vez 200 fichas), pero atopouse co que o señoriño que estaba nesa posición, na cega grande, respondeulle cun all-in (xogarse tódalas súas fichas nunha soa man). O tío, após pensalo e pensalo, tirou as cartas, as mellores cartas que che poden tocar nesa situación, e dixo que el foi xogar alí para divertirse e non polos cartos, e que non quería irse na primeira xogada do torneo, que quería disfrutar do ambiente e de todo o que rodea ó maior evento do poker do mundo.

Pois eu, realmente creo que fixo ben. Tendo en conta que o tipo non era un profesional que pode deixarse 10000$, máis dun millón e medio de pesetas, e que, probábelmente, nunca volva a estar nese torneo, que menos que tentar disfrutar un pouquichiño do ambiente? Un par de ases non é unha xogada invencíbel, aínda que teñas un 81 e pico% de posibilidades de gañar, sempre queda ese 19% que pode botarte fóra e deixarte con cara de tonto sendo o primeiro que se qued fóra ós dous minutos de comeza-lo Main Event.

Se de verdade pasou, ben feito.

Os trens da Galiza

Leo en El Correo Gallego que hai un tren que une Galiza con Barcelona que leva 43 anos en servizo, en concreto dende 1964. En concreto é un Talgo III como o da fotografía, que xa se ve moi vello como podedes ver, que vai dende a Estación de San Cristóbal n'A Coruña e dende a estación de Vigo até Barcelona-Sants.

O artigo tamén fala doutras liñas que teñen máis de 30 anos, como a que une Vigo con León, e outras tamén moi antigas, como a que leva d'A Coruña a Monforte.

A estas alturas, isto é algo ó que xa estamos acostumados. Os trens son só a punta de lanza do atraso nas infraestruturas galegas, con estradas de fai moitísimo tempo, liñas de tren non renovadas dende os tempos de Mari Castaña, accesos ás cidades insuficientes e moitísimas cousas máis que agora deixo no tinteiro. Xa non nos sorprende nada sobor este tipo de cousas.

E o peor é, que cando o Goberno galego anuncia que se van renovar todos estes trens, España dí que nanai. Pois moi ben.

Heroes

Coincidindo co comezo da emisión de Heroes na TVG o vindeiro xoves 14 de xuño, estiven vendo a primeira tempada nunha destas webs nas que se poden ver cousas en DivX sen necesidade de descargalas ó teu PC. Que conste que non foi premeditado, se chego a saber antes que a ían dar, non a vexo.

Atención, porque esta entrada pode conter spoilers, se non viches a serie e tes pensado vela na Galega, ti verás ó que te expós.

Bueno, pois o primeiro comentar que me parece un serión, pero mal rematada e, especialmente, cunha trama que non me gustou nada e que semella estar metida con calzador: a de DL, Niki/Jessica e Micah. Pásalles de todo, para que o final, ó único que ó que estean destinados a facer é que o neno poña a man nunha máquina de voto para que Nathan Petrelli gañe ás eleccións. Sóame moi forzado, e as partes nas que saen eles son moi lentas.

Na outra man esta Hiro Nakamura e o seu amigo Ando. Alén dos xogos de palabras en inglés Hiro/Hero, este personaxe é un dos máis carismáticos e entrañábeis dos últimos tempos na televisión. O seu xeito de coloca-las gafas cando as ten a medio caer, unido ó seu xesto de esforzo cada vez que fai uso dos superpoderes e á súa personalidade, ó mesmo tempo teimuda e valente que cariñosa e fiel, fan del que sexa un dos personaxes que lembraremos durante moito tempo. Iso sí, chirrioume o "Fíxeno" en lugar do seu "Yatta" característico. Ademáis é o personaxe máis indispensábel da serie, xa que sen el non se poderían dar esas mudanzas de espazo e tempo que de súpeto se dan. E despois está o Hiro do futuro, que é un contraste total con él, e que amosa os cambios que se poden dar se non cumpre a súa misión.

E é precisamente o capítulo no que se adiantan 5 anos ó tempo real, na miña opinión, o mellor de toda a tempada. Five Years Gone, o episodio número 20, pega un cambio de tempo e nos ensina que pode pasar se ó final Peter Petrelli explota e destrúe Nova Iorque. Porén, o season finale é moi frouxo, sen apenas a emoción que a serie porporciona na meirande parte dos moitísimos cliffhanger que aparecen ó longo de toda a tempada.

En definitiva, doulle moi boa nota, que sería perfecta se non fora polo final. Xa veremos a segunda tempada, da que se nos da un adianto de preto dun minuto e medio cando remata o derradeiro capítulo desta.

Lectura

"Ama-la lectura é trocar horas de hastío por horas de inefábel e deliciosa compañía."


Entrada 101

E agora sí, facemos repaso dos 101 primeiros posts deste blog.

Se teño de ser sincero, nos comezos, eu cría que este blog non ía durar moito, ó igual que lle pasou ós meus primeiros intentos. Porén, após 100 entradas, aínda teño moita corda para escribir, que nos comezos era o principal obxectivo desto. Mais, alén diso, teño de darlle ás grazas a Núria por animarme a comezalo e a mantelo.

Fai poucos días, menos de dúas semanas, o robot de google pasouse por aquí e introduciu este blog na súa base de datos para as procuras. A consecuencia directa disto foi que nese tempo, as visitas pasaron dende unhas 400 ás preto de 1100 que sinalan o contador de abaixo á dereita agora mesmo.

En canto ós contidos, todo tipo de temas tocáronse neste blog, dende política ou cousas de internet até literatura ou cine. Iso é porque isto é un blogue personal, e non pretendo centralo no só tema, simplemente que escribir as miñas cousas nel. Non pretendo nin gañar cartos, nin que este se convirta nun blog de referencia no blogomillo nin nada dese tipo, só escribir. E polo tanto, así seguirá.

E agora, unhas cantas curiosidades:

A procura máis rara en Google que levou ó meu blog: Video de mosquitos volando
A páxina máis visitada alén da portada: Poema dos tres tristes tigres
Motor de búsqueda máis utilizado para chegaren aquí: Google
País dende o que se reciben máis visitas: España
Sistema operativo máis utilizado polos visitantes: Windows XP
Navegador máis utilizado polos visitantes: Microsoft Internet Explorer 6
REsolución de pantalla máis utilizada polos visitantes: 1024x768

Entrada 100

Ía escribir un pequeno artigo de autobombo para celebra-la entrada número 100 do blog, pero onte mirei unha foto túa, e dinme conta de que alén dos Diarios do Capitán Pescanova, hai unha cativiña que merece hoxe aínda máis unha entrada.

Ás veces, cando falo con xente que non te coñece, pregúntanme o teu nome. Eu nunca contesto o mesmo, e non porque non me lembre del, senón que me deixo levar polos meus pensamentos e sentimentos, e contesto o primeiro que vén á miña mente. Poucas veces podo evitalo, qué lle imos facer. De feito, canto máis o penso, menos quero evitalo, xa que iso non é máis que un reflexo do moito que inflúes na miña vida cotiá.

Para mín chámaste República, se falamos de política.
Chámaste Bondade, Soliedariedade, Igualdade ou Liberdade se falamos de como eres.
O teu nome é Amor, Dozura, Cariño, Paixón, Bico ou Mimo se falamos de nós.
Aínda que tamén Esperanza, Vida, Estabilidade ou Futuro se falamos do que me aportas.
E por suposto, Anxiño, Cativiña ou Ruliña, se falamos entre nós.

Porén, hoxe e só hoxe, chámaste 1 e pico. E sempre que penso en ti neste día, quixera que te chamaras 24, quixera que estiveras na miña vida dende que naciches.

Velaquí o meu regalo:



Cuatro años de felicidad intercalada
Cuatro años de desconfiadas miradas
Y una historia de amor interrumpida
Maldita sea, maldita sea mi vida.

Y una rosa nació entre mis manos
Y sus púas mi sangre han derramado
Sangre que brota del fondo del corazón
Maldita sea, que paso con mi razón.

Tranquila mi vida
He roto con el pasado
Mil caricias pa decirte
Que siete vidas tiene un gato
Seis vidas ya he quemado
Y esta ultima la quiero vivir a tu lado, Oh, oh.

Y ahora me encuentro en medio de este lago
Con los pelos de punta recuerdos del pasado
Con la frente arrugada mirando la explanada
Pensando en ella que me dio todo por nada
No puedo olvidar tu cuerpo desnudo

Me revienta pensar quien puede estar
Encima de ti
Cuando pienso que alguien te puede probar
Te lo juro, que el corazón se me hace un nudo.

Tranquila mi vida
He roto con el pasado
Mil caricias pa decirte
Que siete vidas tiene un gato
Seis vidas ya he quemado
Y esta ultima la quiero vivir a tu lado. Oh, oh.

Fotos que definen á Historia

A través de Menéame, atopei un fío nun foro irlandés sobre política chamado Politics.ie, titulado "Pictures that define History" (Fotos que definen á Historia). Nel, os foreros van facendo unha recopilación de tódalas fotografías que ó longo da Historia foron inmortalizando momentos claves que cambiaron o rumbo do mundo.

Entre elas, podemos atopar moitas moi coñecidas, e outras que, alomenos para mín, non o son tanto, pero igual de impactantes. Velaquí algúns exemplos:


O Exército Vermello Soviético iza a súa bandeira no Reichstag no fin da Segunda Guerra Mundial.


Un cidadán chino prántase diante dos tanques do exército durante as Protestas da Praza de Tian'anmen.


Un paxaro carroñeiro acecha a un neno que está apiques de morrer de fame.

E a miña preferida:

O Miliciano Descoñecido, de Robert Capa.

Director por un día

Segundo leo na edición dixital do 20 minutos, o día 31 de Maio déronlle, por un día, a dirección do diario Bild, un dos máis importantes de Alemaña, ó músico irlandes, Bob Geldof, que tamén é activista político.

Cal foi o resultado? Unha portada impactante que chama a atención sobor o problema da fame en África, que cada día mata a 30000 persoas, 10 veces máis das que morreron no atentado do 11S, e 100 máis das que morreron no 11M.

Esta portada coincide coa reunión do G8 que está a ter lugar en Alemaña, e o obxectivo de Geldof foi chama-la atención non só dos lectores, senón tamén dos políticos que estarán presentes alí.

El dí que funcionará, eu non o teño tan seguro. Todos sabemos que os políticos só miran por eles mesmos, e que a soliedariedade entre países apenas existe. Pero é boa iniciativa, porén.

 
ir arriba