Lin o outro día en El País que están rodando un filme sobor Manuel Azaña, Presidente da República no 1936, cuxo título é Azaña, moi ocorrente, sen dúbida. Dirixida por Santiago San Miguel, será un relato autobiógráfico do controvertido direxente do Estado nunha etapa moi convulsa da Historia de España.
Predigo que será un filme moi polémico, dará moito que falar, e moitas veces, a xente falará palla. Nada máis que por ser quen é, verán a cinta cun prexuízo partidista que alterará a súa opinión sobre a calidade cinematográfica. Tampoco eu quero dicir que o filme vai ser bó antes de ollalo, pero só con ve-la imaxe deste post, unha foto real da rodaxe, xa sei que alomenos a ambientación vai ser excelente.
Veremos que tal, eu seguro que irei ó cinema.
Filme sobor Azaña
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário