Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Os boleros do Bolero

Curiosa historia a do Boléro de Ravel, comezando polos seus oríxenes e rematando pola actualidade, e todo polos dereitos de autor.

É e que o Boléro xurdiu despois de que Ravel non puidese editar a obra que quería facer, o "Fandango", que era unha sorte de orquestación da Iberia de Isaac Albéniz, pero tivo de comezar dende cero porque non conseguiu os dereitos necesiarios, rematando de compoñelo en 1928.

Porén, os dereitos desta obra mestra non rematarán até 2015, é dicir, durarán 87 anos e 15 máis do que a lexislación francesa estipula.

E a quen pertencen agora eses dereitos? Boa pregunta. Resulta que na actualidade, tódolos ingresos que esta obra mestra gaña van parar a unha empresa sita nas Illas Virxes, propiedade de Jean-Jacques Lemoine, ex-presidente da SACEM (a SGAE francesa) e Alexandre Taverne. E este quen é? Nada máis e nada menos que o viuvo da enfermeira de Rabel nos tempos da súa morte. Cando morreu a súa muller, herdou todo o que ela herdara do compositor nun xuízo que durou preto de 20 anos.

Agora xa entendo porque algunha xente non quere que a propiedade intelectual mude, eles fanse millonarios grazas ó traballo de outros, e se nón, so fai falla ver a Pedro Farré.



0 comentarios:

 
ir arriba