Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

O condutor que quería ser Deus

Onte volvín a coller un libro, após moito tempo. E foi un da editora da que vos falaba fai un tempo, a Rinoceronte Editora. O libro escollido foi O condutor de autobus que quería ser Deus, do escritor israelí Etgar Keret.


É un libro de contos moi rápido e axil, que se le moi rápido, en dúas horas eu tiñao rematado. E é unha sorpresa xa dende o comezo, pois malia o título escollido, este conto non é o de máis peso do libro, sendo o que leva todo o relato titulado "A colonia de vacacións de Keller", que trata da historia dun mozo que vive nun mundo onde só hai personas que se suicidaron, e onde vive aventuras en busca da que fora a súa namorada na Terra. A partires desta historia, o autor trata varios temas bastante difíciles, como a guerra palestino-israelí, a relixión, o amor, o sentido da vida ou a morte, sendo precisamente este último tema unha constante en tódolos relatos.

Amáis, os pequenos toques de humor que aporta grazas a situacións subrrealistas -é impagábel o ver a un Mesías propietario dun chalé no campo no que todo o día soa música trance e no que está rodeado de mulleres espidas- e ó uso da xerga xuvenil fan ós relatos aínda máis entretidos.

En definitiva, un bó libro do que gostei moito e que non pure para de ler até rematalo. Podédelo descarregar en pedeefe premendo nesta ligazón.

Por outro lado, buscando cousas sobre Etgar Keret, atopei esta entrevista en El Mundo, no que demostra ser un nacho moi simpático e ocorrente.

0 comentarios:

 
ir arriba