Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Promostory

Curiosa forma de publicidade que desenvolveu a compañía Jun von Matt / Spree para a empresa de paquetería DHL, bautizada por IP Deustchland como Promostory, con permiso de tódalas empresas que aparecen nel.


Minisaga: She

Isto é unha o que a profesora de inglés chama unha minisaga, un pequeno relato dunhas 50 palabras que tiven que presentarlle hoxe. Gustoume como quedou.

She was walking downstairs dressed in a blood colour, looking like a fairy tale princess. Here eyes were looking straight at me, making butterflies in my stomach appear. I couldn't take my eyes off of her. She was trying to get closer to me, but an invisible screen was avoiding it.

I opened my eyes again. I was suffering a heart attack.

Estupidez Humana

"Hai dúas cousas que son infinitas: o Universo e a estupidez humana. E do Universo non estou tan seguro."



Lluís Llach

Hoxe é o día. Hoxe vaise un grande da música de cantautor do Estado. Retírase Lluís Llach.

Se teño que ser sincero, aínda vai moi pouco tempo dende que decidín coñecer a este tipo máis a fondo, escoitar máis canción ademáis da súa clásica L'Estaca.

Agora mesmo, ás 22:49, está dando un concerto de despedida no seu pobo, Verguès, que se pode ver en directo pola TV3, na súa páxina web. E segue tan combativo, e coherente coas súas ideas como sempre, dando unha lección de perseverencia na consecución dos seus obxectivos. E por riba, está a ser un bo concerto.

Deixovos embaixo a canción del que máis me gusta, Que tinguem sort. Que tí tamén a teñas, Lluís.





Idaho y Utah

Hoxe fun ver ó Forum Metropolitano unha obra de teatro. Facía preto de 15 anos que non ía a ver unha, dende que nos levaran na miña época de colexial a ve-las obras infantís que se facían daquela.

Na miña volta ás escenas, elexin unha obra que vin anunciada nos autobuses e que me chamou a atención: Idaho y Utah (nanas para nenes malitos), da compañía catalana Teatre Alternatiu Tantarantana, e dirixida por Albert Espinosa, que tamén actúa.

A peza transcurre nun futuro non moi lonxano, tendo como eixo principal unha medicina que elimina a necesidade de durmir para sempre, e a forma de celebralo de Idaho, o protagonista, cunha festa. Nesa festa, organizada polo seu amigo Utah, van aparecendo as personaxes que foron parte dos soños de Idaho. Isa só é a escusa para tratar, nunha hora e media escasa, temas tan profundos como a igualdade, as discapacidades, o amor ou a amizade.

Un guión moi tenro que estivo a punto de facerme derramar algunha bágoa e todo, e os actores, exceptuando ós dou protagonistas, que o fixeron moi ben, estiveron correctos no papel. En definitiva, se podedes olla-la aínda, ide.

Mensaxe Subliminal

Curioso o que tararea Bender neste corte de Futurama:




Alguén sabe que tararea na versión orixinal?

Leonardo Sbaraglia (Salvador e Concursante)

Por casualidades da vida, en dous días vin dous filmes no que sae o mesmo actor, o arxentino Leonardo Sbaraglia. Nunca antes vira unha actuación súa, pero só cun par delas xa me demostrou que é un actorazo.

A primeira delas foi Salvador (Puig Antich). Encantoume, a mágoa é que a vin sen subtítulos nas partes faladas en catalán e deume a impresión de que perdinme informacións importantes, a pesar dos meus intentos de poñe-la orella e a pesar dos meus lixeirísimos coñecementos do idioma de Catalunya. A cinta, dirixida por Manuel Huerga, é dura, moi dura. O seu argumento xa se sabe con ve-lo nome, pero céntrase máis na parte humana que na parte histórica da historia (valga a redundancia). Mención aparte merece a banda sonora, con cancións como In-A-Gadda-Da-Vida, de Iron Butterfly ou Knockin' On Heaven's Door, de Bob Dylan, mais a maioría da BSO está feita por Lluís Llach.

A segunda cinta foi Concursante, primeira película do ourensán Rodrigo Cortés, e no que Sbaraglia fai un papelón que me confirma definitivamente o inmensamente bó que é no seu traballo. Peliculón. Orixinal, cun guión xenial no que o humor (absurdo pero sen caer na gilipollez) sae por tódolos lados mentres fai unha crítica bestial ó sistema financieiro e ós bancos. Unha fotografía preciosista, e aínda por enriba rodada en parte en Galiza e en Coruña (sae o Monte de San Pedro). Non é a típica película española dunha historia que perfectamente podería ser real e que non introduce elementos sorprendentes, como pode ser o xogo co tempo no que transcurre a película ou a conxugación dos pensamentos do protagonista coa realidade ó mesmo tempo en pantalla. En definitiva, recoméndoa encarecidamente, é unha das mellores cintas que vin no último ano tranquilamente.

Razas

"Eu non pregunto de que raza é un home, abonda conque sexa un ser humano, ninguén pode ser nada peor"


Galería de Sargadelos

O luns pasado paseime a curiosear pola nova Galería Sargadelos que abriu o día 9 de marzo na Rúa Real, 56. Está dirixida por Yolanda Castaño, que ademáis de poeta é a que da as solucións na parte de letras dese concurso que agora emiten na TVG, Cifras e Letras.

Entrei alí por casualidade, e atopeime con que ademáis do lóxico, é dicir, as cerámicas que venden e tal, teñen unha pequena libraría que no 95% está en galego, e os restante 5% son de escritores galegos que publican en castelán. Algunhas son publicacións moi difíciles de atopar, como un ensaio sobre as represión franquista n'A Coruña no 1936, e na miña opinión, non teñen un prezo excesivo tampouco.

En definitiva, levei unha sorpresa bastante agradábel e atopei un sitio no que previsibelmente mercarei bastantes libros.

Poema dos tres tristes tigres

Tres tristes tigres
comen trigo nun trigal,
o deserto lles rodea,
o trigo se lles vai rematar.

Non hai ren para comer,
non hai ren para beber,
o tempo se lles esgota,
os tres terán que emigrar.

Embárcanse nunha pateira,
comezan a navegar,
as ondas mécenos na auga,
e acaban nadando no mar.

Tentaron nadar até Europa,
porén, morreron de frío,
perseguindo o doce soño
de ter algunha esperanza.

Agora os tres tristes tigres,
xacen no fondo do mar,
só foron tres inmigrantes,
eran pobres, que máis da?


Días de fútbol

Comezando co meu propio ciclo de cine español, vin hoxe Días de Fútbol, dirixida polo director David Serrano no ano 2003.

Na miña opinión, é unha película rara. Non sei se considerala un filme coral, pois aínda que conta as historias de diferentes personaxes tal e como o fan este tipo de cintas, sí que teñen un nexo común entre eles: a amizade cristalizada nun equipo de fútbol.

O filme en sí ten momentos entretidos, malia que vai perdendo intensidade pouco a pouco até chegar ó tramo final, na que a recupera aínda que sin acadar a do comezo da cinta. No que ós actores respecta, fan un papel correcto, sen grandes florituras, estando á altura do que é a película en sí.

En definitiva, un filme pasábel que para un momento de aborrecemento serve.

Namorado

Fai dous días, namoreime. Namoreime dunha canción, que fala de liberdade, democracia e igualdade. Dunha canción que é un símbolo en Portugal, xa que deu comezo á Revolución dos Cravos, que liberou Portugal do Estado Novo de Salazar e de Marcelo Caetano cun golpe sen sangue.

A canción é Grândola, Vila Morena, de José "Zeca" Afonso. Como curiosidade, foi estreada en Galiza, o 10 de maio de 1972, concretamente en Santiago de Compostela.





Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.

Intelixencia?

"Intelixencia militar son termos contraditorios"

Groucho Marx

Sen Comentarios

Promo de Antena 3 Radio:

Futuríbel nota de suicidio

Non hai ren que facer.

Por qué teño ganas de chorar?
Por qué sinto como se non poidera confiar en ninguén?
Por qué sinto este baleiro no meu interior?
Por qué todo sáeme mal?
Por qué nada é o que parece?

Por qué sinto como se ninguén confiara en mi?
Por qué non atopo nada que sexa capaz de ilusionarme?
Por qué me sinto agobiado por todo o que me rodea?
Por qué non atopo consuelo en nada nin en ninguén?

Por qué non encaixo neste mundo?

Non hai ren que facer.

Partido Galeguista

Curiosa actitude a do Partido Galeguista (sic) n'A Coruña. Web en galego, defensa do galego, blablabla, porén aínda non vin un cartaz deles en galego, cartaces nos que destaca o seu lema "Nos gusta La Coruña". Protestan pola mudanza do nome da cidade ó galego, e dinse galeguistas.

Carlos Marcos, meu fillo, ou peixe ou paxaro, pero ás dúas ó mesmo tempo non pode ser.

PD: De onde sacan os cartos para a campaña que están a facer?

Capítulo 1

Chovía.

O autobús estaba a achegarse á cidade pola estrada que viña de Arteixo. Era un autobús vello, de cor azul escuro, relativamente cheo de xente. Unha muller miraba pola fiestra, cavilante, con cara de preocupación e coa lúa reflectíndose nos seus ollos verdes. Un leve zumbido distraeulle dos seus pensamentos.

-Xa estou chegando. Vémonos na estación, vale?

Após uns intres, o bus aparcaba no andén 6. Del baixou a nosa muller, que roldaba os corenta, pero aínda atraía as olladas dos homes. Ela non o entendía, pois nin tiña un culo firme nin uns peitos turxentes, pero a súa cariña de anxo dáballe un morbo que non sabía que tiña. Os seus ollos recorrían a dársena de chegadas, tentando procurar un rostro familiar, que non conseguía atopar. Comezou a andar, impaciente, pero non estaba alí. Outro zumbido, esta vez unha mensaxe: "Stou na porta do Krte Inglés. Ven aki, sperot. 1bso".

Dirixiuse cara alí, pero non atopou un paso de peóns. Comezou a cruzar polo medio da rúa, aproveitando que o semáforo dos coches estaba en vermello. Pero cando mirou á esquerda, unha moto a grande velocidade ía cara ela, sen tempo para reaccionar.

 
ir arriba