Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Leonardo Sbaraglia (Salvador e Concursante)

Por casualidades da vida, en dous días vin dous filmes no que sae o mesmo actor, o arxentino Leonardo Sbaraglia. Nunca antes vira unha actuación súa, pero só cun par delas xa me demostrou que é un actorazo.

A primeira delas foi Salvador (Puig Antich). Encantoume, a mágoa é que a vin sen subtítulos nas partes faladas en catalán e deume a impresión de que perdinme informacións importantes, a pesar dos meus intentos de poñe-la orella e a pesar dos meus lixeirísimos coñecementos do idioma de Catalunya. A cinta, dirixida por Manuel Huerga, é dura, moi dura. O seu argumento xa se sabe con ve-lo nome, pero céntrase máis na parte humana que na parte histórica da historia (valga a redundancia). Mención aparte merece a banda sonora, con cancións como In-A-Gadda-Da-Vida, de Iron Butterfly ou Knockin' On Heaven's Door, de Bob Dylan, mais a maioría da BSO está feita por Lluís Llach.

A segunda cinta foi Concursante, primeira película do ourensán Rodrigo Cortés, e no que Sbaraglia fai un papelón que me confirma definitivamente o inmensamente bó que é no seu traballo. Peliculón. Orixinal, cun guión xenial no que o humor (absurdo pero sen caer na gilipollez) sae por tódolos lados mentres fai unha crítica bestial ó sistema financieiro e ós bancos. Unha fotografía preciosista, e aínda por enriba rodada en parte en Galiza e en Coruña (sae o Monte de San Pedro). Non é a típica película española dunha historia que perfectamente podería ser real e que non introduce elementos sorprendentes, como pode ser o xogo co tempo no que transcurre a película ou a conxugación dos pensamentos do protagonista coa realidade ó mesmo tempo en pantalla. En definitiva, recoméndoa encarecidamente, é unha das mellores cintas que vin no último ano tranquilamente.

0 comentarios:

 
ir arriba