Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Idaho y Utah

Hoxe fun ver ó Forum Metropolitano unha obra de teatro. Facía preto de 15 anos que non ía a ver unha, dende que nos levaran na miña época de colexial a ve-las obras infantís que se facían daquela.

Na miña volta ás escenas, elexin unha obra que vin anunciada nos autobuses e que me chamou a atención: Idaho y Utah (nanas para nenes malitos), da compañía catalana Teatre Alternatiu Tantarantana, e dirixida por Albert Espinosa, que tamén actúa.

A peza transcurre nun futuro non moi lonxano, tendo como eixo principal unha medicina que elimina a necesidade de durmir para sempre, e a forma de celebralo de Idaho, o protagonista, cunha festa. Nesa festa, organizada polo seu amigo Utah, van aparecendo as personaxes que foron parte dos soños de Idaho. Isa só é a escusa para tratar, nunha hora e media escasa, temas tan profundos como a igualdade, as discapacidades, o amor ou a amizade.

Un guión moi tenro que estivo a punto de facerme derramar algunha bágoa e todo, e os actores, exceptuando ós dou protagonistas, que o fixeron moi ben, estiveron correctos no papel. En definitiva, se podedes olla-la aínda, ide.

1 comentarios:

Anónimo disse...

De hecho a mi sí que se me derramó alguna que otra lagrimilla...

 
ir arriba