Sei que pode soar estrano en mín, pero eu, xa dende cativo cando ficaba até tarde no salón para escoitar os "Roiamuminí, an puan; iunaited quindom, guan poin", fun moi afeccionado a Eurovisión a pesares de toda a caspa que nos últimos anos está a rodear a este festival. E este ano creo que non vai a ser unha excepción.
Estas últimas edicións non teñen nada que ver coas de fai 30 anos, espectaculares e con cancións realmente boas, como aquel xa mítico Eres tú, de Mocedades, por España, segunda no ano 1973 nun festival gañado por Anne-Marie David (Luxemburgo) co seu Tu te reconnaitrâs, e estando no terceiro lugar o Power to All Our Friends, de Cliff Richard polo Reino Unido, formando o, na miña opinión, o mellor Top 3 da historia do festival. Tamén se poden lembrar cancións como o Un banc, un arbre, une rue, de Séverine, gañadora no 1971 con Mónaco; o Congratulations do propio Cliff Richard, que remataría segundo polo Reino Unido de novo detrás do La La La de Massiel e o seu vestido de floripondios no ano 1968; o Waterloo de ABBA, gañadores por Suecia en 1974; o A-ba’ni-bi, de Izhar Cohen & Alphabeta, gañadores por Israel en 1978; ou o Poupée de Cire, Poupée de Son, cunha belísima e adorábel France Gall coa súa inconfundíbel voz nasal e dando unha lección de como gañar Eurovisión só movendo a cabeza, por Luxemburgo no 1965.
En definitiva, que son moitísimas as cancións de Eurovisión que ficaron nas lembranzas colectivas de toda Europa, cousa que non pasará con ningunha canción dende o Diva, de Dana International, por Israel no 1998 sendo a primeira artista transexual que participa e que gaña (que por certo, na miña opinión, un dos gañadores máis inesperados na historia do concurso). Bueno, minto. Sempre nos quedará Alf Poier co seu Weil der Mensch zälth (Austria, 2003), a peor e ó mesmo tempo unha das mellores e das máis simpáticas cancións que pasaron polo festival.
Ben, pois en pouco máis dunha semana, xa temos unha nova edición do Eurovision Song Contest, a número 51. Disputarase en Helsinki, Finlandia, sendo as semifinais o 10 de maio e a finalísima dous días despois. Nas semifinais participarán 28 países, dos que dez pasarán á final, no que competirán en total 24 países; sendo en total 42 participantes, o récord. España, Francia, o Reino Unido e Alemaña (the Big Four) están clasificadas de maneira vitalicia para a fase final, porque son os países que máis pagan polos dereitos de emisión.
E xa que é o primeiro que imos ver en Televisión Española para abrir boca, comezarei facendo o meu análise das semifinais. Ordeo xa as cancións participantes, da derradeira á primeira pola orde en cal eu creo que van rematar. Lembro de novo que as dez primeiras pasan á final.
O día seguinte ó remate do Festival comprobaremos os acertos tanto nas semifinais como na miña predición para a final, que farei o día 11.
28 | ARY Macedonia | Karolina | Mojot Svet |
Canción rarísima. Non me gustou nada, pero nada de nada. Moi plana, e os cortes eses que ten no estribillo dalle unha sensación de rotura estraña. Non se come ren, ó non ser que os veciños lles voten masivamente.
27 | Albania | Frederik NDOCI | Hear My Plea |
Canción de ritmos árabes na que non hai nada especial. Ó mellor nun hipotético Arabevisión gañaba, pero en Eurovisión dubidoo moitísimo.
26 | Bulgaria | Elitsa TODOROVA & Stoyan YANKOULOV | Water |
Lémbrame por momentos á canción mítica de Blade na discoteca. Moi tribal, pero tentando darlle un toque de modernidade coa moza da batería, a do corpiño vermello. Non lle auguro moito futuro, pero dame no nariz que é das típicas que parece que non se come nada e despois queda ben.
25 | Bielorrusia | Koldun | Work Your Magic |
Un metrosexual cantando encima dun escenario unha canción que parece sacada de principios dos 90. Agora lévase a moda retro, pero os 90 non son retro, son pasado de moda. Sen moitas posibilidades.
24 | Eslovenia | Alenka GOTAR | Cvet Z Juga |
Unha mistura entre música tradicional e moderna que non sae ben. É unha mágoa, porque a voz da cantante é unha marabilla, aínda que a canción ten algúns arranxos que parecen de discoteca cutre.
23 | Portugal | Sabrina | Dança Comigo |
Sinceramente, eu creo que Portugal ten moita mellor música para mandar a Eurovisión. Unha canción sen contido ningún, aínda que a salsa soe tirar moito polos países do Leste, así que non descarto que me dea algunha sorpresiña.
22 | Montenegro | Stevan FADDY | Ajde Kroči |
Unha canción pop normal e corrente. Guitarras sen chispa, un ritmo cuadriculado.... Mal debut de Montenegro.
21 | Islandia | Eiríkur HAUKSSON | Valentine Lost |
O cantante de Whitesnake en Eurovisión? Non, pero seméllaselle moitísimo. Un rockero cantando unha balada que non lle pega nada. Porén, é unha das cancións típicas de Eurovisión, cunha guitarra non moi potente, e sen chispa ningunha.
20 | Estonia | Gerli PADAR | Partners In Crime |
Canción correcta, pero que non destaca sobre as outras. Ninguén se lembrará dela, nin os propios estonios.
19 | Austria | Eric PAPILAYA | Get A Life - Get Alive |
Pásalle exactamente o mesmo que á estona. Canción correcta pero que non destaca en nada sobre as demáis.
18 | Croacia | DRAGONFLY feat. Dado TOPIĆ | Vjerujem U Ljubav |
Ou como intentar imitar a Bruce Springsteen e a Eric Clapton ó mesmo tempo con pésimo resultado. Moi pouca forza, a pesares da voz rasgada do cantante; aínda que a chica despois mellora a calidade da canción.
17 | Andorra | ANONYMOUS | Salvem El Món |
Punk adolescente en Eurovisión? Como que non pega, e iso que a canción é tamén das que podería estar na MTV perfectamente. Pero é iso, que non é unha canción para este festival, aínda que eu creo que pode dar algunha sorpresa
16 | Chequia | KABÁT | Malá Dáma |
Semella un intento de segui-la estela de Lordi, os gañadores do ano pasado. Porén, se realmente gañaron foi polos traxes e a posta en escena, non pola canción, e a estes lles falta iso. Unha pena, porque a canción, persoalmente, me gusta, pero non é para Eurovisión.
15 | Letonia | BONAPARTI.LV | Questa Notte |
Totalmente iguais a Il Divo. Pero non é unha canción con ritmo, adoece desa falta de emoción, unha canción moi plana. Ademáis, unha canción coral deste tipo non lle pega a Eurovisión.
14 | Países Baixos | Edsilia ROMBLEY | On Top Of The World |
Unha cara moi coñecida nos Países Baixos. Boa voz para unha típica canción pop. Posto medio-alto.
13 | Dinamarca | DQ | Drama Queen |
Canción normaliña, pero co valor engadido de que a canta un Drag Queen, e iso pode ser o que lle dea un pase á final que, na miña opinión, non merece en absoluto. Posto medio-alto por ese factor.
12 | Serbia | Marija ŠERIFOVIĆ | Molitva |
Por fin en Eurovisión una muller das que poderíamos ver pola rúa calquera día. Sen maquillaxe, sen un vestido estravagante, pero cunha voz que tira para atrás. A canción é boa, moi épica. Eu creo que se pasa á final, é de xeito moi xustiño.
11 | Malta | Olivia LEWIS | Vertigo |
Canción correcta, con forza e ritmo. Zona media con posibilidades de final.
10 | Hungría | Magdi RÚZSA | Unsubstantial Blues |
Se é de ser sinceiro, a miña canción preferida de todo o Festival. Agora, ten un problema. É unha canción moi clásica e pouco comercial que ten que competir co "último grito" en música de baile e gusto de masas. Ogallá se clasifique á final e gañe, e aínda que o primeiro vexoo bastante doado, que gañe é misión imposible.
9 | Israel | TEAPACKS | Push The Button |
Esta canción lémbrame moitísimo á de Alf Poier que comentaba antes, pero levada ó extremo. Misturando elementos folk, hard rock e big beat, e cunha letra extremadamente polémica que fala da ameaza nuclear de Irán cara Israel que estivo a punto de costarlle a participación ó grupo, pode ser unha das grandes sorpresas da semifinal.
8 | Bélxica | The KMG's | LovePower |
Música disco divertida, con ritmo e cun vestiario chamativo, o que sempre da puntos para que se lembren de ti á hora das votacións. Posibilidades grandes de estaren na final.
7 | Noruega | Guri SCHANKE | Ven A Bailar Conmigo |
É curioso ver como os países do Sur renegan da súa parte latina e presentan cousas totalmente diferente, e como os do Norte e do Leste presentan ritmos hispanos. Este é un perfecto exemplo diso, unha rumba ou salsa ou algo así moi ben executada. Tendo en conta que os países escandinavos sempre se votan o máximo entre eles, estará arriba.
6 | Moldova | Natalia BARBU | Fight |
Calcadiño a Evanescence. Malia iso, a letra é boa, a música ten moitísima forza e a voz da cantante pégalle á canción. Pode quedar bastante arriba.
5 | Xeorxia | Sopho | Visionary Dream |
Se non fora porque sei que se chama Sopho e é máis guapa, diría que é Björk. Unha canción estraña, que comeza cun folk para pasar á electrónica sen que apenas se note, o que engadido a unha posta en escena espectacular, da como resultado unha das posibeis finalistas.
4 | Turquía | Kenan DOĞULU | Shake It Up Shekerim |
Justin Timberlake en versión turca. Bailábel, con ritmo, soa moderna... E os ritmos turcos están de moda en Eurovisión. Moitas posibilidades até de gañar.
3 | Chipre | Evridiki | Comme Ci, Comme Ça |
Canción moi pop, das que se levan agora. Cantada en francés e con moito ritmo. No estilo das que chegan arriba en Eurovisión, claro finalista e posíbel gañador.
Outra clara copia dun cantante conocida, neste caso dunha. Igualiño a unha das últimas cancións de Christina Aguilera, Ain't No Other Man. E xa non digamos se ó final fan unha posta en escena tipo anos 20 como se adiviña no videoclip da canción. Aínda así, ten moito ritmo, e podería estar na MTV perfectamente. Vai estar bastante arriba.
O meu gañador das semifinais e eu diría que moi posibelmente do festival. Unha cara coñecidísima (quen non lembra o seu Chihuahua?), cunha canción pegadiza, unha moi boa e moi rechamante posta en escena e coa orixinalidade de falar de vampiros, os puntos claves para gaña-lo festival.
A elección de DJ Bobo foi moi polémica en Suíza, xa que un día colleu e deu unha rolda de prensa dicindo que se presentaba porque estaba farto de ver como os fondos públicos dos seus compatriotas ían destiñados a promocionar a cantantes estranxeiros no festival europeo (lembremos que o éxito máis grande de Suíza foi cando gañou en 1988 con Celine Dion, canadiense). Asemade, a canción foi criticada polos grupos de estrema dereita do país helvético porque segundo eles, ensina ós cativos os valores do mal e da perversion ó falar de vampiros.
2 | Polonia | THE JET SET | Time To Party |
Outra clara copia dun cantante conocida, neste caso dunha. Igualiño a unha das últimas cancións de Christina Aguilera, Ain't No Other Man. E xa non digamos se ó final fan unha posta en escena tipo anos 20 como se adiviña no videoclip da canción. Aínda así, ten moito ritmo, e podería estar na MTV perfectamente. Vai estar bastante arriba.
1 | Suíza | DJ Bobo | Vampires Are Alive |
O meu gañador das semifinais e eu diría que moi posibelmente do festival. Unha cara coñecidísima (quen non lembra o seu Chihuahua?), cunha canción pegadiza, unha moi boa e moi rechamante posta en escena e coa orixinalidade de falar de vampiros, os puntos claves para gaña-lo festival.
A elección de DJ Bobo foi moi polémica en Suíza, xa que un día colleu e deu unha rolda de prensa dicindo que se presentaba porque estaba farto de ver como os fondos públicos dos seus compatriotas ían destiñados a promocionar a cantantes estranxeiros no festival europeo (lembremos que o éxito máis grande de Suíza foi cando gañou en 1988 con Celine Dion, canadiense). Asemade, a canción foi criticada polos grupos de estrema dereita do país helvético porque segundo eles, ensina ós cativos os valores do mal e da perversion ó falar de vampiros.
1 comentarios:
Media hora después he conseguido terminar de leer el post, asi que me merezco, como mínimo, una medallita!
Ahora, a descansar, que me has dejado agotada.
Por cierto, me niego rotundamente a que gane DJ Bobo, que ya me bastó con el Chihuahua!!!
Enviar um comentário