Pois xa temos os resultados das eleccións n'A Coruña:
PSdeG-PSOE: 11 escanos
PPdeg: 10 escanos
BNG: 6 escanos
PPdeg: 10 escanos
BNG: 6 escanos
Polo tanto, o PSOE perde a absoluta que tiña dende fai 24 anos, indo os votos para o PP. Se se pensa ben, o que pasou non é ningunha sorpresa, xa que o voto conservador do PSOE que antes aglutinaba Paco Vázquez, marchouse do PSOE ó PP, xa que Javier Losada non é tan de dereitas como o fora Paquiño.
Mentres, o BNG mantense ó marxe da loita nos seus 6 escanos na enésima candidatura seguida de Quique Tello, IU sobe aínda que non dabondo para conseguir edil, e o PG, a pesares da súa tremenda campaña en castelán, decepciona. Precisamente niso creo que fallou a campaña de Carlos Marcos, amosar unha incoherencia total facendo xa dende o comezo o contrario do que se supón que é a ideoloxía do partido.
Ben, pois é máis que posíbel que Losada revalide a súa alcaldía grazas a un pacto co BNG. Este é unha oportunidade de ouro para os nacionalistas herculinos, para proxectarse como verdadeira alternativa. Ademáis, pode traer aires novos á cidade. Veremos por fin unha verdadeira labor de normalización do galego por parte do goberno municipal? Deixaranse de tantas merdas co topónimo? Ogallá.

1 comentarios:
Henrique Tello está á por algunhas condicións pra dar estabilidade ao goberno da cidade coruñesa. Sen dúbida, é o momento pra facelo.
Pero tamén caibe recordar que o PSOE podería gobernar en minoría.
Unha aperta
Enviar um comentário