Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Eurovision Song Contest 2007 (II): Final

Hoxe é a final de Eurovisión. E continuando coa miña porra persoal, e tal como prometín, imos facer hoxe a da final, a ver que tal sae.

Tendo en conta a cantidade de acertos da semifinal que se disputou o xoves, que mirei así por riba e non eran moitos, non creo que saia moi ben. O luns ou o martes farei reconto dos acertos das dúas porras.

No que respecta á semifinal en sí, hei de dicir que sorprendeume a actuación en directo de Albania, moito mellor do que semellaba no video que colguei o outro día, e decepciounoume moito Suíza. Poderían habelo feito moito mellor, máis espectacular. Por certo, pasaron as tres cancións que máis me gustaban: Hungría, Serbia e Xeorxia.

E xa sen máis dilación, imos cos finalistas:


24
 Irlanda DERVISH
They Can't Stop The Spring



Canción de ritmos tradicionais irlandeses. Non creo que sexa moi valorada, nin é chamativa nin a posta en escena ten nada especial. Quedará atrás.



23
 Lituania 4FUN Love Or Leave



Canción bastante mala, a verdade. Sen chispa, non destaca para nada.


22
 Reino Unido SCOOCH
Flying The Flag (For You)



A comparación co Barbie Girl de Aqua é inevitábel. Aínda así, a canción é malísima, unha mágoa que un país como o Reino Unido, cunha grande solera no festival, mande este tipo de cousas.

21
 Bosnia & Herzegovina Maria ŠESTIĆ
Rijeka Bez Imena




Balada con ritmos árabes. Non lle vexo nada especial, creo que postos medios baixos.


20
 Bulgaria Elitsa TODOROVA & Stoyan YANKOULOV
Water



Outra canción que non entendo como chegou á final. Ademáis, a muller fixoo fatal na fase previa.



19
 Alemaña Roger CICERO
Frauen Regier'n Die Welt



O Michael Bublé alemán. A pena é que este tipo de cancións non se levan moito.


18
 Letonia BONAPARTI.LV
Questa Notte



Simplemente, non entendo como puideron clasificarse á final. Non o entendo.


17  Armenia Hayko Anytime You Need



Tipiquísima canción de Eurovisión. Non van facer moito.


16
 ARI Macedonia Karolina
Mojot Svet



Menos mal que segundo eu ían rematar no derradeiro posto na semifinal.... Xa non sei que pensar deles, a verdade. Gañar non van gañar, pero polos postos medios poden andar.



15  Eslovenia Alenka GOTAR
Cvet Z Juga



Outra canción que puxen detrás na porra das semifinais e que conseguiu pasar. Quizáis sexa mellor do que eu pensaba....

14
 Bielorrusia Koldun Work Your Magic



Puxenos moi atrás na semifinal e conseguiron pasar. A actuación en directo foi boa, veremos que fan.


13  Rusia SEREBRO
Song #1



Típica canción pop. Postos medios.


12
 Ucraína Verka SERDUCHKA
Dancing Lasha Tumbai



Canción rarísima. Pero ten ritmo, e leva unha vestiario que é claramente diferenzábel. Tendo en conta que pertence ó bloque do Leste, e que se van votar entre eles, postos medios fácil.

11
 España D'NASH
I Love You Mi Vida



Non sei que opinar desta canción. Pode ser unha grande sorpresa ou unha grande decepción. Eu para variar e tendo en conta a mala sorte que ten España en Eurovisión últimamente, inclínome máis pola segunda opción. Pero bueno, xa que non está Portugal (que en 41 anos nunca gañou), ogallá gañen, que quero ir a ver un festival de Eurovisión na miña vida.


10  Franza LES FATALS PICARDS
L'amour À La Française



A mellor definición desta canción atopeina nos propios comentarios do vídeo: Un francés que pretende ser un inglés que canta en francés. A canción está entre as catro ou cinco das que máis gosto, e no festival estará arriba.


9
 Moldova Natalia BARBU
Fight



Espectacular nas semifinais, cun directo moi pero que moi bó. E a cantante, moi pero que moi guapa.


8  Rumanía TODOMONDO
Liubi, Liubi, I Love You



Unha canción moi orixinal, sen dúbida. Se a posta en escena é boa, pode da-la sorpresa.

7  Serbia Marija ŠERIFOVIĆ
Molitva



Outra das canción das que gosto. A voz de Marija é impresionante, e fixoo moi ben na súa actuación das semifinais.


6
 Hungría Magdi RÚZSA
Unsubstantial Blues



A miña canción preferida de todo o festival. Pasou a criba, semella que gusta, e pode estar bastante arriba.


5
 Grecia Sarbel
Yassou Maria



Ricky Martin total, incluso no estribillo dí María. Porén, ten moito ritmo, e as guitarras misturadas cos ritmos gregos tradicionais quedan moi ben.


4  Turquía Kenan DOĞULU
Shake It Up Shekerim



Outra das miñas apostas, pode chegar a gañar Eurovisión.


3
 Suecia THE ARK
The Worrying Kind



Canción moi leda, con ritmo, con garra e chispa. Asemade, o cantante deseguro que será recordado á hora das votacións, porque con esas pintas e ese xeito de bailar....


2  Finlandia Hanna PAKARINEN
Leave Me Alone



Inspirada polo éxito de Lordi o ano pasado, Finlandia volta a presentar unha canción rock. E hei de engadir que a mín paréceme unha boa canción, que loitará nos postos altos ou incluso pola vitoria.


1
 Xeorxia Sopho
Visionary Dream



Outra canción da que gosto moito. Esa mistura de ritmos folk e electrónicos tocando varios xéneros musicais está moi lograda, e a posta en escena na semifinal foi moi boa. Se a repiten na final, e engadido a que o bloque dos países do Leste van apoiarse entre eles como fixeron na fase previa, eu creo que pode gañar Eurovisión, e aínda por riba, no seu debut.

0 comentarios:

 
ir arriba