Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Costo de güena calídas

Fai uns días saía nos medios do Estado unha historia sobre un tipo que se publicitaba para vender drogas a través duns folletos que ía deixando nos bancos e pola rúa. Tiña unha caligrafía de neno e unha ortografía tan terríbel que os propios Mossos d'Esquadra crían que se trataba dunha broma, pero aínda así decidiron investigala.

Resultou que o papel era de verdade, escrito por unha persoa case analfabeta. Cando todo isto se fixo público, desembocou nun escarnio xeral con moitísimas entradas en blogs e moitísimos fíos en foros ríndose do mal escrita que estaba.

Porén, eu non creo que sexa para tomarse a risa a cousa. Esta nota o único que fai é evidencia-la mala calidade do sistema educativo do Estado, que produce masivamente milleiros e milleros de persoas cunha cultura tan baixa que apenas saben escribir ou ler.

E a xente, mentres rindo en vez de soluciona-los problemas da sociedade para que cousas como estas non se volvan a dar.

1 comentarios:

maybe_baby disse...

una autentica pena, la verdad, que la gente se ria de las desgracias ajenas.. .. ..

 
ir arriba