Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Nostalxia

Ás veces, a xente bota de menos certas cousas, poden ser sinxelas, poden ser as cousas máis difíciles de acadar. Pequenos recordos de momentos que marcaron a túa vida, ou simples xestos que che fixeron máis feliz.

Que as cousas saian por iniciativa propia.

Un pai sobrio. Unha tapa nun bar con xente que de verdade te aprecia e conta contigo. Un nestea e unhas galletas nun parque. Un aplauso. Unha canción. Unha discoteca. Unha cidade. Un tesouro. Un segredo.

Que alguén che demostre que lle importas.

Unha caricia. Un mimo. Un bico. Un "quérote". O empalago do inicio dunha relación. Unha sorpresa de verdade. Que ó teu carón estea unha persona deste mundo, ou do outro.

Un acto de amor tolo.


Eu tamén son humano.

0 comentarios:

 
ir arriba