Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Mostrar mensagens com a etiqueta Curiosidades. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Curiosidades. Mostrar todas as mensagens

O Teleoperador

Estaba eu hoxe todo tranquilo a iso da unha da tarde no salón da miña casa, vendo unha película, cando soa o teléfono fixo. Ao descolgar, soa unha voz con acento arxentino. Relato a conversa (non de xeito textual, pero acércase moito) facéndolle unha pequena homenaxe a El Teleoperador:

TELEOPERADOR: Hola buenos días, ¿está (a persoa que ten a liña ó seu nome)?

EU: No, no está en este momento.

TO: ¿Y con quién tengo el inmenso placer de hablar?

(As esaxeracións estaban incluídas, sí.)

EU: Con su hijo.

TO: Perfecto... Pues antes de comenzar, ¿tienes más de 18 años?

EU: Sí, ¿por?

TO: Genial.... Mis registros indican que ustedes tienen la línea contratada con Telefónica, ¿no es cierto?

(Cagámola. Venta por teléfono. Tentarei despachalo o antes posíbel.)

EU: Sí, pero estamos muy contentos con ella, y no tenemos intención de cambiar. Hasta lue...

TO: ¿Y el ordenador está con Telefónica también, no?

(Como que o ordenador? Tanto lle custa dicir Internet?)

EU: Sí, pero ya le digo que no...

TO: Muy bien, me llamo XXX, y represento a ya.com para darte una de las mejores noticias de tu vida, una de las nuevas ofertas de nuestra compañí....

(Sí, a esaxeración segue ahí. E a mellor noticia da miña vida nese intre sería que colgaras.)

EU: Le estoy diciendo que no me interesa, estoy muy bien con quien estoy.

TO: ¿Y por qué estás tan contento con Telefónica?

EU: Porque de momento no hemos tenido ningún problema, y estamos muy bien.

(Estouche a dicir que me deixes en paz delicadamente. Non te decatas polo meu tono de voz?)

TO: Pues nosotros te podemos mejorar los servicios que te está dando Telefónica sin necesidad de que la dejes.

(Sí, e de paso un chalet en La Moraleja.)

EU: No estamos interesados.

TO: Pues entonces o es que no sabes de lo que te estoy hablando o no tienes ni idea de Internet.

(Meu fillo, outra cousa non, pero a mín que me toque-lo ego tírame dun pé, vas mal por ahí.)

EU: Pues mira, no, no tengo ni idea de Internet.

(Faise un silencio tenso duns poucos segundos, isa non a agardaba.)

TO: Oye, mirá una cosa, ¿has pensado en cambiarte el tono de voz?

(Sí que se decatara, e aínda por riba pícase)

EU: ¿Y tú has pensa.....?

PIPIPI....PIPIPI

Unha mágoa que non me quedara co nome. Se o chego a saber, chamo alí de novo e lle poño unha queixa.

Exhibición de Mercedes

Navegando polo Youtube, atopei un vídeo impresionante. Neste pódese ver unha comparación de rendimento en carreira de catro dos modelos punteiros de Mercedes: o MP4-22 de Fórmula 1 conducido por Fernando Alonso, o CLK 63 AMG Black Series utilizado como Safety Car en F1 pilotado por Bernd Mayländer, o AMG Clase C de DTM dirixido por Jamie Green e o Clase C 350 de rúa conducido por Susie Stoddart.

Nel, se nos amosa a verdadeira capacidade dun Fórmula 1 diante de calquera outro tipo de coche, xa que Alonso é capaz de gañar a pesares de saír con 40 segundas de retraso e facer unha parada en boxes que os demais non fan. O xeito de adiantar ós outros tres coches na recta final é simplemente espectacular.



Este video, supoño que o porán no previo da carreira de mañá en Telecinco, xa que é subido do 4 de xullo e xa sabemos o lambecús de Alonso que son alí.

Censura publicitaria

A través do excelente, como xa comeza a ser habitual, artigo de hoxe de Hernán Casciari en El País, atopo este anuncio, que, aínda que pésimo, fai unha crítica bestial a Letizia.... Por suposto, rematou censurado.

A Xustiza de España

Farruquito: Atropello mortal con omisión de socorro. Sentenza: 16 meses de cadea.

Cándido e Morala: Romper unha cámara de videovixilancia durante as protestas de Naval Xixón. Sentenza: 3 anos de cadea.



Mostra do que é España.

Fotos que definen á Historia

A través de Menéame, atopei un fío nun foro irlandés sobre política chamado Politics.ie, titulado "Pictures that define History" (Fotos que definen á Historia). Nel, os foreros van facendo unha recopilación de tódalas fotografías que ó longo da Historia foron inmortalizando momentos claves que cambiaron o rumbo do mundo.

Entre elas, podemos atopar moitas moi coñecidas, e outras que, alomenos para mín, non o son tanto, pero igual de impactantes. Velaquí algúns exemplos:


O Exército Vermello Soviético iza a súa bandeira no Reichstag no fin da Segunda Guerra Mundial.


Un cidadán chino prántase diante dos tanques do exército durante as Protestas da Praza de Tian'anmen.


Un paxaro carroñeiro acecha a un neno que está apiques de morrer de fame.

E a miña preferida:

O Miliciano Descoñecido, de Robert Capa.

PP e o Che

Hai un pequeno pobo en Lugo, chamado A Pastoriza, no que até este domingo, estaba a goberna-lo PP con maioría absoluta.

O PP, partido liberal no económico e conservador no social, supónse que é todo o contrario ó que era o comunismo do Che. Porén, semella que os responsábeis dese partido nesa vila non o deben ter moi claro, porque resulta que están a utiliza-la efixie e as frase do Che Guevara para face-la súa campaña electoral. En concreto, nesta foto que puxen á esquerda pódese ver unha das camisetas que están a repartir coa efixie do revolucionario, baseada nunha especie de escultura que está na fronte do Ministerio do Interior de Cuba n'A Habana, que a súa vez está baseada na famosísima foto de Alberto Korda, e que logo sería amañada por Jim Fitzpatrick dándolle o branco e negro da foto que hoxe coñecemos.

O PP xa está robando símbolos de novo, a novidade agora é que chegan á incongruencia. Qué vergoña.

25 de maio

Por se non nos chegaba, o 25 de maio, no que se celebran o Día da Toalla na honra do libro The Hitchhiker's Guide to the Galaxy, de Douglas Adamas; e o Día do Orgullo Friki, resulta que a partires deste ano tamén é o Día do Orgullo Lusista e Reintegrata (sic).

Algún día escribirei por aquí a miña opinión sobor o reitegracionismo, pero xa adianto que non é a miña opción preferida para afastar o galego do castelán. Aínda así, semella que con esta festa que acaban de tirar do peto da chaqueta, non van conseguir moito.

Pois iso, que feliz Día do Orgullo Lusista e Reintegrata para o que sexa algunha das dúas.

Stop motion

Navegando por Youtube, atopei por casualidade dúas xoias do Stop motion, técnica que consiste nunha colección de fotografías pasadas a tan alta velocidade que semella unha película.

A primeira é Vicious Cycles, de 1967. Da produtora Pyramid Films, responsábel, entre outras cousas, dunha das pariodias máis hilarantes de Star Wars, Hardware Wars, dispoñíbel aquí e aquí.



E a outra é Stop, Look and Listen, tamén de 1967, unha película feita como denuncia da condución agresiva. Saen os mesmos actores, e estivo nominada a un Oscar no ano 1968. Como curiosidade, ollo ó principio, cando saen unha retahila de asociacións e dí: "sen cuxa colaboración foi posíbel facer esta película".


Elos

Fai moi pouco tempo, acaba de nacer un novo proxecto capitaneado por Silvio Falcón, do blog Galiza, por sempre, Galiza, chamado Elos, no que estou a participar.

Malia ter a apariencia dun blog normal e corrente, ten unha diferenza substancial co resto: é un blog colaborativo en que galegos espallados por toda a xeografía do Estado escriben coa única condición de que as entradas que se vaian escribendo comecen coa derradeira frase da entrada anterior.

A ver como sae, polo momento semella que vai funcionando. Moita sorte!

Incultura americana

Unha vez máis, os americanos demostrando a súa incultura. Esta vez, son os pobres vascos os que sufren a súa ignorancia.

Nun capítulo de McGyver:



E na película Thunder in the Sun, de 1959, traducida ó castelán como El desfiladero de la muerte:


Sen palabras

Literalmente sen palabras deixoume esta nova: Keith Richards esnifou as cinzas do seu pai de esmorga.


Miña nai.

 
ir arriba