Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Mostrar mensagens com a etiqueta Libros. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Libros. Mostrar todas as mensagens

Odio

O odio é un raio reflectido polo espello de cada conciencia individual ata que a forza de rebotar en mil espellos compón unha estraña luminosidade colectiva. Nese momento auroral non se ve máis luz ca esa luz. A partir dese instante todo conclúe ou todo nace. Non doutro xeito se gañan as batallas, menos aínda as guerras. O odio peta primeiro nunha conciencia, bate primeiro contra ela, antes de o facer noutra, rebota acto seguido e vai parar a outra máis, e desta a outra, e así ata que se entretece cohesionando as vontades, grazas a non se sabe que invisible fío. Ese fío é a aceirada luz das conciencias enfrontadas, a rede que todo o envolve é esa luz que, coma a do día, comeza e remata sendo crupuscular, reveladora da cerna da nosa conciencia humana.

O odio é o gran motor da historia. Ningún xeneral arenga ás súas tropas convocándoas ao amor fraterno. Iso fano os sacerdotes nas igrexas. E non sempre. Cando o fan, falan sabendo que teñen diante un público esencialmente composto por mulleres. Nese momento e aínda noutros, están convencidos de que lles deben que represar os sentimentos, porque se se lles desbocan pode ter lugar calquera traxedia. Ese e non outro é o raio que non cesa.

Lectura

"Ama-la lectura é trocar horas de hastío por horas de inefábel e deliciosa compañía."


Opinión

"Poderán calarnos, pero non poden impedir que teñamos as nosas propias opinións"

Sant Jordi

Hoxe, 23 de abril, é Sant Jordi. É a tradición agasallar unha rosa e un libro, e non vou ser menos.

Agasállote esa rosa que tes á esquerda, unha rosa negra, como o teu pelo.



E por suposto, un libro: Escritos de un viejo indecente, de Charles Bukowski.

Preme aquí para coller o teu agasalliño.

O condutor que quería ser Deus

Onte volvín a coller un libro, após moito tempo. E foi un da editora da que vos falaba fai un tempo, a Rinoceronte Editora. O libro escollido foi O condutor de autobus que quería ser Deus, do escritor israelí Etgar Keret.


É un libro de contos moi rápido e axil, que se le moi rápido, en dúas horas eu tiñao rematado. E é unha sorpresa xa dende o comezo, pois malia o título escollido, este conto non é o de máis peso do libro, sendo o que leva todo o relato titulado "A colonia de vacacións de Keller", que trata da historia dun mozo que vive nun mundo onde só hai personas que se suicidaron, e onde vive aventuras en busca da que fora a súa namorada na Terra. A partires desta historia, o autor trata varios temas bastante difíciles, como a guerra palestino-israelí, a relixión, o amor, o sentido da vida ou a morte, sendo precisamente este último tema unha constante en tódolos relatos.

Amáis, os pequenos toques de humor que aporta grazas a situacións subrrealistas -é impagábel o ver a un Mesías propietario dun chalé no campo no que todo o día soa música trance e no que está rodeado de mulleres espidas- e ó uso da xerga xuvenil fan ós relatos aínda máis entretidos.

En definitiva, un bó libro do que gostei moito e que non pure para de ler até rematalo. Podédelo descarregar en pedeefe premendo nesta ligazón.

Por outro lado, buscando cousas sobre Etgar Keret, atopei esta entrevista en El Mundo, no que demostra ser un nacho moi simpático e ocorrente.

Rinoceronte Editora

Navegando pola rede atopei á Rinoceronte Editora, unha pequena editora que ten a particularidade que de permite descarregar a maioría dos libros (en galego) que vai editando gratis dende a súa web. É unha editora pequena, que non leva máis dun ano en funcionamento, e a mágoa é que por iso aínda son poucos os libros que teñen ó dispor do usuario. Eles especialízanse en traducións, que disque saíran ó ritmo dunha obra ó mes.

Unha curiosa iniciativa da que deberían tomar exemplo moitas outras editoras, a verdade, porque atopar pedeefes de libros en galego é misión imposíbel.

 
ir arriba