A clase política coruñesa
Publicado por
Fran
en
05:22
1 comentarios
Etiquetas: A Coruña, Política, Reflexións
Patria
Publicado por
Fran
en
05:25
0
comentarios
Etiquetas: Citas, Política, Rubén Darío
E outro ano máis....
... que se cumple do infame día na que a democracia foi derrocada polos fascistas.
Esperemos que nunca volte a pasar.
Publicado por
Fran
en
01:01
0
comentarios
Etiquetas: Política
Censura publicitaria
Publicado por
Fran
en
23:19
0
comentarios
Etiquetas: Curiosidades, Política, Televisión
A Xustiza de España
Cándido e Morala: Romper unha cámara de videovixilancia durante as protestas de Naval Xixón. Sentenza: 3 anos de cadea.
Mostra do que é España.
Publicado por
Fran
en
15:45
0
comentarios
Etiquetas: Curiosidades, Política
Director por un día
Cal foi o resultado? Unha portada impactante que chama a atención sobor o problema da fame en África, que cada día mata a 30000 persoas, 10 veces máis das que morreron no atentado do 11S, e 100 máis das que morreron no 11M.
Esta portada coincide coa reunión do G8 que está a ter lugar en Alemaña, e o obxectivo de Geldof foi chama-la atención non só dos lectores, senón tamén dos políticos que estarán presentes alí.
El dí que funcionará, eu non o teño tan seguro. Todos sabemos que os políticos só miran por eles mesmos, e que a soliedariedade entre países apenas existe. Pero é boa iniciativa, porén.
Publicado por
Fran
en
21:57
0
comentarios
Resultados
PPdeg: 10 escanos
BNG: 6 escanos
Mentres, o BNG mantense ó marxe da loita nos seus 6 escanos na enésima candidatura seguida de Quique Tello, IU sobe aínda que non dabondo para conseguir edil, e o PG, a pesares da súa tremenda campaña en castelán, decepciona. Precisamente niso creo que fallou a campaña de Carlos Marcos, amosar unha incoherencia total facendo xa dende o comezo o contrario do que se supón que é a ideoloxía do partido.
Ben, pois é máis que posíbel que Losada revalide a súa alcaldía grazas a un pacto co BNG. Este é unha oportunidade de ouro para os nacionalistas herculinos, para proxectarse como verdadeira alternativa. Ademáis, pode traer aires novos á cidade. Veremos por fin unha verdadeira labor de normalización do galego por parte do goberno municipal? Deixaranse de tantas merdas co topónimo? Ogallá.
Publicado por
Fran
en
01:26
1 comentarios
A miña xornada electoral
En Galiza só houbo eleccións locais, á diferenza das chamadas comunidades non históricas, nas que tamén hai autonómicas.
Cheguei ás 8 clavadas ó Instituto de Adormideras, crendo que ía poder votar e ir durmir. Pero non, ás votacións comezaban ás 9, así que decidin quedar e ver como era todo o proceso de conformación das mesas electorais. 5 minutos despois aparecía o primeiro interventor, un do Partido Popular. Desexeille boa sorte, e dixenlle que lles ía votar a eles, a ver que me dicía. Deume a man, e díxome que daba gusto ver como a xuventude se mobilizaba para votar por España. Escapouseme unha lixeira gargallada.
Mentres se conformaban as mesas e a maioría dos suplentes marchaban do instituto cun aire e unha faciana de alivio, ían chegando os demáis interventores dos partidos. Resulta que un dos do BNG é Breixo, un dos responsábeis de Galiza Nova n'A Coruña, veciño e amigo meu da infancia. Falo con él, e ten problemas para votar porque é interventor da mesa na que lle tocaría facer efectivo o seu dereito, ou algo así. Vaise a solucionalo, e eu saio a fumar un cigarro fóra.
Mentres estaba a papar frío, absorto nos meus pensamentos, dentro están a montar as cabinas electorais. Son preto das 8:40, e as forzas da orde fan por primeira vez a súa aparicion. En concreto, chega un policía nacional, que entra e inmediatamente volta a saír cunha bolsa de deportes que leva a un coche. Cando regresa, paroo e preguntolle cal é a súa función no colexio, ó que me contesta (nun perfecto galego, o que é de agradecer) que el só tiña que vixiar que todo fora correcto e que non houbera incidentes; así como vixia-las papeletas.
Volta cara dentro, e eu, que xa rematara o cigarro, volto con él, e sitúome xunto a unha das cabinas electorais vendo todo o que esta a pasar. Miro a ver que papeletas colocaron, e resulta que nunha das dous non hai ningunha, e noutra só están as do PPdeG, BNG, ERG, PG, CDS e Partido Humanista, faltando as do PSdeG-PSOE, EU, CORCOBA2007 e PUM+J. O primeiro interventor que vén a comprobalas é o do BNG, que non din nada, igual que ó do PP, e, sorprendentemente, a do PSOE, que ó ver que a súa papeleta non está, move a testa e marcha. Son as 8:55, e todo seguía igual. Ten que ser unha cidadá normal e corrente, o que decida colocar tódalas papeletas ben. Falo con ela, e me dí que aínda que ela sabía que o primeiro ía ser alguén que chegara de marcha, o resto na mesa cría que ía ser algún ancian madrugador.
As 9 en punto. Preparo o meu voto, que vai para Quique Tello. Após uns minutos, Breixo faime un xesto coa testa, o que significa que xa podo ir votar. Son o primeiro en todo o colexio. En vez do DNI, saco a tarxeta do bus sen querer, o que ocasiona as risas da mesa. Por fin o atopo e llo dou ó Presidente da mesa, que introduce o meu voto na urna, ó mesmo tempo no que Breixo me tira unha foto co seu móbil. Desexolles sorte a todos, e por fin marcho a durmir.
Publicado por
Fran
en
20:52
1 comentarios
Etiquetas: Política
PP e o Che
O PP, partido liberal no económico e conservador no social, supónse que é todo o contrario ó que era o comunismo do Che. Porén, semella que os responsábeis dese partido nesa vila non o deben ter moi claro, porque resulta que están a utiliza-la efixie e as frase do Che Guevara para face-la súa campaña electoral. En concreto, nesta foto que puxen á esquerda pódese ver unha das camisetas que están a repartir coa efixie do revolucionario, baseada nunha especie de escultura que está na fronte do Ministerio do Interior de Cuba n'A Habana, que a súa vez está baseada na famosísima foto de Alberto Korda, e que logo sería amañada por Jim Fitzpatrick dándolle o branco e negro da foto que hoxe coñecemos.
O PP xa está robando símbolos de novo, a novidade agora é que chegan á incongruencia. Qué vergoña.
Publicado por
Fran
en
18:01
0
comentarios
Etiquetas: Curiosidades, Galiza, Política
Programa do PSdeG
Ben, pois neste programa houbo algunhas cousas que me chamaron bastante a taneción, xa sexa para ben ou para mal. Paso a comentalas.
1- Reforma das galerías comerciales de Adormideras. (p.5) Estaría ben, se non fose porque comezaron fai ben pouco.
2- Desenvolvemento e execución do Parque Ofimático. (p.6) Tódolos anos coa mesma cantiga, e nunca fan nada.
3- Ampliación das rutas de transporte público a Universidade. (p.8) Após quita-las liñas que iban polos barrios fan 3 anos? Contasello a outro.
4- Construción da Estación Intermodal para a chegada do AVE e como núcleo da conexión terrestre. (p.10) Tan cedo? O AVE non chega até 2012 en teoría, se contamo-los retrasos nas obras, calculo que até 2015.
5- Plan de dinamización da cidade e a súa área metropolitana. (p.12) Non me lembro onde escoitei que os que empregaban a palabra dinamización nun contexto deste tipo era porque non tiñan nin idea do que dicir.
6- Seguir impulsando a nosa cidade como referente nacional e internacional nas xiras de grandes espectáculos. (p.18) HA! Seguir impulsando, din. Dende cando fomos nós referente en xiras? Estes deben crer que traer un grupo decente cada 800 anos é ser un referente, ou non mo explico.
7- Construír zonas para a práctica do skate. (p.19) A ver se non as meten no quinto pino...
8- Transformación da Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC) en Centro Municipal de Recursos do Consumidor potenciando a súa actividade. (p.21) Tanto espazo teñen que rechear como para meter unha medida tan drástica como o cambio de nome dunha oficina?
9- Creación do Museo do Cómic. (p.23) A ver se é verdade....
10- Programa-las Noites Azuis: apertura dos museos, bibliotecas e outros centros culturais da cidade durante a noite. (p.24) Iniciativa moi interesante. Se ó final o fan, felicitarei ó PSOE.
11- Creación dun certame vinculado ó sector audiovisual. (p.25) Que rimbombante soa, e que merda vai ser, segurísimo....
Así por riba, son as que me semellan máis impactantes. Pero.... unha cousiña. Nin unha mención ó galego en todo o programa.
Publicado por
Fran
en
04:43
0
comentarios
A policía e tí, dous grandes amigos
"(...)Un agente municipal con un casco de motociclista blanco bloqueaba el paso a Tribunal, desde San Vicente Ferrer, a varios adolescentes. Les aconsejaba que dieran media vuelta si no querían atenerse a las consecuencias. Una chica le ha respondido: "No he hecho nada para llevarme palos". El policía ha solucionado la cuestión con un: "Me cago en tu puta vieja".
La fuerzas policiales han mostrado las maneras expeditivas del día anterior y han vuelto a golpear a transeúntes que no tenían nada que ver con los enfrentamientos(...)".
Parece ser que isto sucedeu o día 2 de maio de madrugada, durante ese estado de sitio que sufriu o madrileño barrio de Malasaña. Após disto, pretenderán que a xente moza confíe na policía.
Publicado por
Fran
en
02:35
0
comentarios
Etiquetas: Política
Costo de güena calídas
Resultou que o papel era de verdade, escrito por unha persoa case analfabeta. Cando todo isto se fixo público, desembocou nun escarnio xeral con moitísimas entradas en blogs e moitísimos fíos en foros ríndose do mal escrita que estaba.
Porén, eu non creo que sexa para tomarse a risa a cousa. Esta nota o único que fai é evidencia-la mala calidade do sistema educativo do Estado, que produce masivamente milleiros e milleros de persoas cunha cultura tan baixa que apenas saben escribir ou ler.
E a xente, mentres rindo en vez de soluciona-los problemas da sociedade para que cousas como estas non se volvan a dar.
Publicado por
Fran
en
21:06
1 comentarios
Etiquetas: Política
33 anos
Hoxe fan 33 anos dende que o Exército portugués deu unha lección ó resto do mundo saíndo a defende-los dereitos dos cidadáns perante o Estado Novo dictatorial dirixido por Marcello Caetano.
Hoxe fai 33 anos dende que o pobo portugués botouse ás rúas a reclama-la liberdade e a non violencia poñendo caraveis nos cañóns dos fusís dos soldados agasallándonos ó resto do mundo cunhas imáxenes preciosas de pacifismo e vontade de cambio.
Felicidades ós portugueses.
Publicado por
Fran
en
23:02
0
comentarios
Etiquetas: Política, Reflexións
Tres mulleres, tres xuventudes
Semella que pouco a pouco, imos regularizando a situación da muller na política galega, aínda que resten cousas por facer aínda.
Parabéns.
Nestes vídeos, as tres en acción no programa Hai debate da TVG.
Publicado por
Fran
en
05:10
0
comentarios
Etiquetas: Política
Actos pola República
En conmemoración, o Ateneo Republicano de Galicia organiza uns actos n'A Coruña ó longo de todo o día, e un deles é ó lado da miña casa, no Campo da Rata (o sitio que vos dicía na entrada d'O lapis do carpinteiro), que fica decorada con moitas bandeiras e tal, moi espectacular.
Ben, os actos que se organizan son:
Ofrenda floral, perante o monumento ós Mártires pola Liberdade.
- 13,00 horas- Inauguración da Casa- Museo de D. Santiago Casares Quiroga (R/Panaderas)
- 14,00 horas- Campo da Rata: Alocución conmemorativa.
D. Carlos Etcheverría Vázquez acompañado pola Junta Directiva de ARGA pronunciará un discurso perante o Monumento ós fusilados polo franquismo.
- 14,30 horas- Hotel Ciudad de La Coruña. Comida de confraternización republicana.
Prezo do cuberto, 25,00 euros.
Supoño que acudirei á inauguración da Casa Museo, e segurísimo que ó Campo da Rata. Verémonos alí, espero.
Publicado por
Fran
en
20:26
1 comentarios
Illa de Sálvora
A Illa de Sálvora é unha pequeno trozo de terra sito na Ría de Arousa, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, é dicir, que é unha zona de importante interese ecolóxico e como tal, debe ser protexido. Agora, o debate está en quen debe se-la entidade encargada da súa protección.
I é que esta illa foi recentemente mercada por Caixa Galicia de mans do Marqués de Revilla, por 8.5 millóns de euros, para facer nela proxectos de investigación, reconstrucción do núcleo de poboación, ou proxectos de ocio. O problema é... Até que punto unha entidade privada debe ocuparse do mantemento dela? Non sería mellor que estivera en mans da Xunta? É ético sacar proveito empresarial da illa? Por outro lado, as Caixas de Aforros naceron cunha función social que a maior parte das veces cumpren á perfección, ou case. Pero, pode considerarse este caso como labor social? E, é esta unha das consecuencias do modelo neoliberal no que estamos a vivir?
Na miña opinión, este tipo de propiedades deben ser sempre da Xunta, xa sea por venda ou por expropiación. Non hai ninguén mellor que o Goberno para coidar dos intereses galegos, sexan do que sexan. As empresas, fór cal fór, ó final só teñen un obxectivo, os cartos.
Publicado por
Fran
en
22:06
1 comentarios
Mensaxe Subliminal
Curioso o que tararea Bender neste corte de Futurama:
Alguén sabe que tararea na versión orixinal?
Publicado por
Fran
en
16:06
0
comentarios
Etiquetas: Política, Televisión
Partido Galeguista
Carlos Marcos, meu fillo, ou peixe ou paxaro, pero ás dúas ó mesmo tempo non pode ser.
PD: De onde sacan os cartos para a campaña que están a facer?
Publicado por
Fran
en
20:41
0
comentarios
Etiquetas: Política
Políticos
Publicado por
Fran
en
22:42
0
comentarios
Etiquetas: Citas, Política, Woody Allen
