A clase política coruñesa
Publicado por
Fran
en
05:22
1 comentarios
Etiquetas: A Coruña, Política, Reflexións
A Coruña en fotos
E isto só por mencionar o máis coñecido. Abofé que hai outras marabillas escondidas, ora que xamáis pensarías que poderías ser vistas dese modo, ora que nin as coñezas.
E eu non me decatei delo até onte, vendo varios fotologs que atopei por unha bendita casualidade. Vou mencionar dous. O primeiro deles, cidadecoruna, amósanos a urbe desde un punto de vista máis artístico que arquitéctonico, cun toque romántico que chega a emocionar, e con algunhas fotos, que para min, son de moitísima calidade (que fique en acta que eu de fotografía sei máis ben pouco, por non dicir nada). O segundo é cruniacity, que é precisamente todo o contrario. Enfocado na arquitectura e no deseño urbanístico da cidade, este fotolog amósanola como é fóra do feísmo que ás veces fai acto de presenza, unha mistura de modernidade e tradición.
Para rematar, o bonus track: brigantium, un fotolog con fotos antigas da cidade, que nos amosa que non só para o home pasa o tempo.
Publicado por
Fran
en
19:04
2
comentarios
Merda de cidade
A Coruña, cidade con duopolio en salas de cinema. Despois, pasa o que pasa: A Coruña, segunda cidade máis cara para ir ao cinema, após Barcelona. E eu engado: e subindo.
Temos dous multicines de merda, en que só se poñen filmes comerciais taquilleiros, un de cando en vez en galego, e con precios exhorbitados tendo en conta o resto de prezos desta cidade, e o nivel dos soldos. E botáranlle á culpa ao emule e ao torrent.
Merda de cidade, cona.
Publicado por
Fran
en
22:43
1 comentarios
O mundo ó revés
Motivos? Os de sempre: mala planificación no PXOM, a aplicación de parches que son pan para hoxe e fame para mañá... Chear o subchán da cidade con aparcamentos e máis aparcamentos nunca foi unha solución para o problema do transporte. Que faremos entón cando non cheguen? E cando a cidade medre tanto que un metro xa sexa preciso? Onde o meteremos se xa escavamos todo o que se podía escavar? E ese día non está tan lonxe, cando cidades como Palma de Mallorca, que só ten 100.000 habitantes máis (agás en verán, iso si), xa o ten.
Algúns dirán: o metro lixeiro. Parece ser que vaise instalar a partires das vías do tranvía turístico que temos (sí, ese que non dá máis que perdas de presuposto). Lembremos que fai uns anos xa houbo unha proba de un par de días, que non tiñan pinta de ser máis que unha exhibición. Semella unha boa solución, pero, por onde o fas pasar? En San Andrés, onde o metes? Como o fas baixar até Adormideiras, a miña casa? E na Ronda de Nelle?
Na miña opinión, este tipo de transporte non debería ser máis que un complemento ó metro de toda a vida. E este, tarde ou cedo rematará por chegar á cidade. Por que, por unha vez e aproveitando que Busquets está a redactar un novo PXOM, non temos visión de futuro e preparamos á cidade para algo que, de seguro, ten que chegar?
Publicado por
Fran
en
01:00
1 comentarios
Etiquetas: A Coruña
A nova Fnac
Levei moi boa impresión: dúas prantas, a -1 xigante, que ocupa todo o terreo da Praza de Lugo. Todo o que te poidas imaxinar no ámbito cultural e informático, dende vinilos antigos (vin por alí o Sgt. Peppers dos Beatles) até libros en francés e inglés pasando por unha sección adicada exclusivamente a literatura clásica cubana.
Levei moi boa impresión, a verdade, e rematei saíndo de alí cun libro baixo o brazo: El Escudo de la República, de Ángel Viñas.
Por certo, o Conselleiro Delegado da Fnac para España, Cristophe Deshayes, acaba de anunciar nunha entrevista que Marky Ramone, o segundo batería de los Ramones, estará na cidade asinando discos nunhas semanas.
Publicado por
Fran
en
16:51
0
comentarios
Etiquetas: A Coruña
Resultados
PPdeg: 10 escanos
BNG: 6 escanos
Mentres, o BNG mantense ó marxe da loita nos seus 6 escanos na enésima candidatura seguida de Quique Tello, IU sobe aínda que non dabondo para conseguir edil, e o PG, a pesares da súa tremenda campaña en castelán, decepciona. Precisamente niso creo que fallou a campaña de Carlos Marcos, amosar unha incoherencia total facendo xa dende o comezo o contrario do que se supón que é a ideoloxía do partido.
Ben, pois é máis que posíbel que Losada revalide a súa alcaldía grazas a un pacto co BNG. Este é unha oportunidade de ouro para os nacionalistas herculinos, para proxectarse como verdadeira alternativa. Ademáis, pode traer aires novos á cidade. Veremos por fin unha verdadeira labor de normalización do galego por parte do goberno municipal? Deixaranse de tantas merdas co topónimo? Ogallá.
Publicado por
Fran
en
01:26
1 comentarios
Programa do PSdeG
Ben, pois neste programa houbo algunhas cousas que me chamaron bastante a taneción, xa sexa para ben ou para mal. Paso a comentalas.
1- Reforma das galerías comerciales de Adormideras. (p.5) Estaría ben, se non fose porque comezaron fai ben pouco.
2- Desenvolvemento e execución do Parque Ofimático. (p.6) Tódolos anos coa mesma cantiga, e nunca fan nada.
3- Ampliación das rutas de transporte público a Universidade. (p.8) Após quita-las liñas que iban polos barrios fan 3 anos? Contasello a outro.
4- Construción da Estación Intermodal para a chegada do AVE e como núcleo da conexión terrestre. (p.10) Tan cedo? O AVE non chega até 2012 en teoría, se contamo-los retrasos nas obras, calculo que até 2015.
5- Plan de dinamización da cidade e a súa área metropolitana. (p.12) Non me lembro onde escoitei que os que empregaban a palabra dinamización nun contexto deste tipo era porque non tiñan nin idea do que dicir.
6- Seguir impulsando a nosa cidade como referente nacional e internacional nas xiras de grandes espectáculos. (p.18) HA! Seguir impulsando, din. Dende cando fomos nós referente en xiras? Estes deben crer que traer un grupo decente cada 800 anos é ser un referente, ou non mo explico.
7- Construír zonas para a práctica do skate. (p.19) A ver se non as meten no quinto pino...
8- Transformación da Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC) en Centro Municipal de Recursos do Consumidor potenciando a súa actividade. (p.21) Tanto espazo teñen que rechear como para meter unha medida tan drástica como o cambio de nome dunha oficina?
9- Creación do Museo do Cómic. (p.23) A ver se é verdade....
10- Programa-las Noites Azuis: apertura dos museos, bibliotecas e outros centros culturais da cidade durante a noite. (p.24) Iniciativa moi interesante. Se ó final o fan, felicitarei ó PSOE.
11- Creación dun certame vinculado ó sector audiovisual. (p.25) Que rimbombante soa, e que merda vai ser, segurísimo....
Así por riba, son as que me semellan máis impactantes. Pero.... unha cousiña. Nin unha mención ó galego en todo o programa.
Publicado por
Fran
en
04:43
0
comentarios
Teatro del Andamio
Na entrada na que falaba da FNAC, facía unha pequena lista de cousas que lle faltaban á cidade no ámbito comercial e cultural, e unha sala de teatro dunha compañía era unha delas.
Pois ben, a compañía Teatro del Andamio vén de inaugura-lo seu local no que se farán representacións dos seus montaxes, ademáis de traer compañías de fóra, sendo as primeiras a partires de maio. Ademáis, estableceran a primeira escola de actores d'A Coruña.
É e que paseniño....
Publicado por
Fran
en
17:11
1 comentarios
FNAC
Abrirá en xuño na Praza de Lugo, dous anos após do anuncio de apertura, e no local que aparece na foto, terá uns 750 metros cadrados en dúas prantas.
Dicía na entrada do paintball que paseniño ían poñendo cousas decentes na cidade. Pois após o campo de paintball e a FNAC, cun Dunkin' Donuts, un Starbucks, unha Casa del Libro, unha sala de cine independente, un teatro propio dunha compañía, unha sala de concertos decente e unha discoteca boa na cidade doume por contento.
Publicado por
Fran
en
21:13
2
comentarios
Etiquetas: A Coruña
Actos pola República
En conmemoración, o Ateneo Republicano de Galicia organiza uns actos n'A Coruña ó longo de todo o día, e un deles é ó lado da miña casa, no Campo da Rata (o sitio que vos dicía na entrada d'O lapis do carpinteiro), que fica decorada con moitas bandeiras e tal, moi espectacular.
Ben, os actos que se organizan son:
Ofrenda floral, perante o monumento ós Mártires pola Liberdade.
- 13,00 horas- Inauguración da Casa- Museo de D. Santiago Casares Quiroga (R/Panaderas)
- 14,00 horas- Campo da Rata: Alocución conmemorativa.
D. Carlos Etcheverría Vázquez acompañado pola Junta Directiva de ARGA pronunciará un discurso perante o Monumento ós fusilados polo franquismo.
- 14,30 horas- Hotel Ciudad de La Coruña. Comida de confraternización republicana.
Prezo do cuberto, 25,00 euros.
Supoño que acudirei á inauguración da Casa Museo, e segurísimo que ó Campo da Rata. Verémonos alí, espero.
Publicado por
Fran
en
20:26
1 comentarios
Paintball
É un campo pequeno, duns 1500 metros cadrados, pero xa está outro en construcción máis grande. Está sito na parte de arriba d'Os Rosais, na carretera para o Monte de San Pedro.
Semella que paseniño van poñendo cousas decentes na cidade, aínda que sexan pequenas.
Publicado por
Fran
en
01:32
1 comentarios
O lapis do carpinteiro
Da primeira, non moito que dicir salvo reseña-la face de parvo que se lle queda a Kirk cando lle botan as maldicións no templo de Troya.
Pero a segunda, encantoume. Unha boa historia ben levada á pantalla grande, os actores ben, cun Luís Tosar na súa liña. E logo, está o punto extra das localizacións, xa que é a única película, que eu saiba, na que sae a zona da miña casa, e iso sempre fai ilusión. Ademáis, tiven a oportunidade de vela en galego, outra cousa bastante rara. En definitiva, recoméndolla a todo o mundo.
Publicado por
Fran
en
17:24
1 comentarios
Galería de Sargadelos
Entrei alí por casualidade, e atopeime con que ademáis do lóxico, é dicir, as cerámicas que venden e tal, teñen unha pequena libraría que no 95% está en galego, e os restante 5% son de escritores galegos que publican en castelán. Algunhas son publicacións moi difíciles de atopar, como un ensaio sobre as represión franquista n'A Coruña no 1936, e na miña opinión, non teñen un prezo excesivo tampouco.
En definitiva, levei unha sorpresa bastante agradábel e atopei un sitio no que previsibelmente mercarei bastantes libros.
Publicado por
Fran
en
20:18
0
comentarios
Etiquetas: A Coruña
Cidade WiFi
Porén, esta iniciativa si que o é, porque a diferencia das outras, a rede vai ser instalada polo Concello, e non por empresas privadas con permiso e usufruto dela. O que me leva a pensar que moi posíbelmente sexa gratuíto.
Se o final é así, dareille a noraboa a Javier Losada, pois merecerao.
Publicado por
Fran
en
22:39
0
comentarios
O 3A
Fai aproximadamente un mes, días arriba días embaixo, elíminábase unha das tres líñas de bus urbano das que pasaban por Adormideiras, o meu barrio, o 3A, e en troco, reducían a frecuencia da liña 3 de 20 a 13 minutos. Tamén cambiáronlle o percorrido, que na práctica pasou a se-lo que facía o 3A fai uns anos. Dixeron que foi porque os veciños de Adormideiras e de Monte Alto o pediron, cousa que as Asociacións de Veciños negaron.
Ben, pois hoxe anuncian que a partires do luns volverase a poñer a liña 3A porque a súa desaparición, e cito textualmente ó Alcalde, "supuxo un agravio para Adormideiras". Por fin se decataron de que se tarda menos en ir dos Salesianos a Adormideiras a pé que no bus. Agora só falta ver se manteñen a nova frecuencia do 3, coido que así vai ser, e cal vai a ser a frecuencia do 3A.
Agora sí, agora non, primeiro é bó para nós, despois que é un agravio. Coido que non hai quen os entenda.
Publicado por
Fran
en
20:14
0
comentarios
Etiquetas: A Coruña
