Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Mostrar mensagens com a etiqueta Internet. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Internet. Mostrar todas as mensagens

A Coruña en fotos

Quizáis A Coruña non sexa o mellor sitio onde pasar unha vida, pero para pasar unhas vacacións é un dos mellores lugares que coñezo (malia que non coñezo tantos). Ten de todo, desde o único faro romano en funcionamento, até arquitectura representativa das correntes actuais, pasando por unha colexiata do ano 1150, prazas que levan tanto tempo que nin se sabe de onde lles vén o nome, un castelo en plena cidade ou galerías de 4 pisos do século XVIII que forman o maior conxunto acristalado do mundo, non en van nos chaman A Cidade de Cristal.

E isto só por mencionar o máis coñecido. Abofé que hai outras marabillas escondidas, ora que xamáis pensarías que poderías ser vistas dese modo, ora que nin as coñezas.

E eu non me decatei delo até onte, vendo varios fotologs que atopei por unha bendita casualidade. Vou mencionar dous. O primeiro deles, cidadecoruna, amósanos a urbe desde un punto de vista máis artístico que arquitéctonico, cun toque romántico que chega a emocionar, e con algunhas fotos, que para min, son de moitísima calidade (que fique en acta que eu de fotografía sei máis ben pouco, por non dicir nada). O segundo é cruniacity, que é precisamente todo o contrario. Enfocado na arquitectura e no deseño urbanístico da cidade, este fotolog amósanola como é fóra do feísmo que ás veces fai acto de presenza, unha mistura de modernidade e tradición.

Para rematar, o bonus track: brigantium, un fotolog con fotos antigas da cidade, que nos amosa que non só para o home pasa o tempo.

O Teleoperador

Estaba eu hoxe todo tranquilo a iso da unha da tarde no salón da miña casa, vendo unha película, cando soa o teléfono fixo. Ao descolgar, soa unha voz con acento arxentino. Relato a conversa (non de xeito textual, pero acércase moito) facéndolle unha pequena homenaxe a El Teleoperador:

TELEOPERADOR: Hola buenos días, ¿está (a persoa que ten a liña ó seu nome)?

EU: No, no está en este momento.

TO: ¿Y con quién tengo el inmenso placer de hablar?

(As esaxeracións estaban incluídas, sí.)

EU: Con su hijo.

TO: Perfecto... Pues antes de comenzar, ¿tienes más de 18 años?

EU: Sí, ¿por?

TO: Genial.... Mis registros indican que ustedes tienen la línea contratada con Telefónica, ¿no es cierto?

(Cagámola. Venta por teléfono. Tentarei despachalo o antes posíbel.)

EU: Sí, pero estamos muy contentos con ella, y no tenemos intención de cambiar. Hasta lue...

TO: ¿Y el ordenador está con Telefónica también, no?

(Como que o ordenador? Tanto lle custa dicir Internet?)

EU: Sí, pero ya le digo que no...

TO: Muy bien, me llamo XXX, y represento a ya.com para darte una de las mejores noticias de tu vida, una de las nuevas ofertas de nuestra compañí....

(Sí, a esaxeración segue ahí. E a mellor noticia da miña vida nese intre sería que colgaras.)

EU: Le estoy diciendo que no me interesa, estoy muy bien con quien estoy.

TO: ¿Y por qué estás tan contento con Telefónica?

EU: Porque de momento no hemos tenido ningún problema, y estamos muy bien.

(Estouche a dicir que me deixes en paz delicadamente. Non te decatas polo meu tono de voz?)

TO: Pues nosotros te podemos mejorar los servicios que te está dando Telefónica sin necesidad de que la dejes.

(Sí, e de paso un chalet en La Moraleja.)

EU: No estamos interesados.

TO: Pues entonces o es que no sabes de lo que te estoy hablando o no tienes ni idea de Internet.

(Meu fillo, outra cousa non, pero a mín que me toque-lo ego tírame dun pé, vas mal por ahí.)

EU: Pues mira, no, no tengo ni idea de Internet.

(Faise un silencio tenso duns poucos segundos, isa non a agardaba.)

TO: Oye, mirá una cosa, ¿has pensado en cambiarte el tono de voz?

(Sí que se decatara, e aínda por riba pícase)

EU: ¿Y tú has pensa.....?

PIPIPI....PIPIPI

Unha mágoa que non me quedara co nome. Se o chego a saber, chamo alí de novo e lle poño unha queixa.

Musicovery

Grazas ó magnífico plugin para Firefox, o StumbleUpon, descubrín fai unha semana aproximadamente unha páxina chamada Musicovery. Nese tempo, esa páxina pasou a ser unha das máis visitadas dende o meu ordenador, sobre todo cando boto unhas mans de póquer ou estou a ler algo.

Que é Musicovery? Eles chámanse a sí mesmos Interactive WebRadio, ou sexa Radio Interactiva por Internet, o que define bastante ben a páxina. Ti chegas alí, e atopas unha especie de control de reprodutor á esquerda, e unhas instruccións de uso á dereita.

Podes elixir entre, por suposto, o xénero de música que queres escoitar, de que década queres que sexa, e se queres escoitar só cancións que foran éxitos ou tamén outras que non sexan moi coñecidas. Cando o fagas, pos o teu ánimo ou as túas gañas de bailar nuns eixos, e o reprodutor vaiche sacando cancións segundo eses parámetros.

Musicovery ten dúas versións, LoFi, de balde, e HiFi, de pago. A de pago non a probei aínda, pero mellora a que é a falla principal da versión de balde, a calidade do sonido das cancións, moi baixa. Porén, cal é a principal virtude desta web? Descubrir música non coñecida sen necesidade de estaren investigando por ahí. E precisamente é o que me adico a facer mentres xogo ó póquer.

O mozos hogano

"Pues les pasa que sus almas están presas en una trampa y eso les duele, y nadie parece comprenderles. Que sus instintos gritan a una razón que ha sido estupidizada. Que están cabreados y no pueden articularlo porque ciertas palabras están prohibidas. A los jóvenes de hoy no les importa nada porque nadie les enseña nada que de verdad valga la pena. Los jóvenes de hoy no tienen metas porque ya no quedan metas. Viven en una triste farsa y no tienen sueños a los que aferrarse. A los jóvenes de hoy se les vende esta mierda de realidad con tan bonitos eufemismos que no pueden entender por qué no son felices. Los jóvenes de hoy no se drogan, se automedican una depresión tan profunda que ni siquiera son conscientes de ella."

Descrición coincidente co que lles escribe. Fukowski, dando no cravo.

Joox

Imaxinade un Youtube no que os vídeos en troques de en Flash estean en DivX. Imaxinade agora que en vez de videos, nesa páxina estiveran colgados todo tipo de filmes e series. Pois xusto iso é Joox, unha web que permite ver películas e series nunha calidade asombrosa e sen necesidade de descargas, só a través deo teu ordenador.

Dúas das características que máis me chamaron a atención son que aínda que non fai falla para ve-los filmes e as series, pódense descargar de alí directamente; e que a función de pantalla completa é realmente pantalla completa, é dicir, non hai ningún control do reproductor que esté a amolar mentres vemos os contidos, como pode pasar en Youtube.

Cal é a pega? Que polo momento a meirande parte dos contidos están en inglés, e sen subtítulos. Pero supoño que en canto comece a ser un pouco coñecida irán saíndo contidos en castelán ou incluso en galego.

Aproveitade agora, porque semella que non vai durar moito aberta.

Why do you tube?

Navegando aleatoriamente a través de YouTube, atopei un vídeo feito por Boh3m3, no que lanza unha cuestión moi interesante ó aire: Why do you tube? O que traducido ó galego ven dicir algo semellante a Por qué subes os teus vídeos a Youtube?

Non só debeume parece interesante a mín, senón que nuns 6 meses, o vídeo colleitou 393 respostas polo momento. Non as vín todas, pero eu sen dúbida quedo con ista, dunha pija americana, que comezou a facer un vlog porque "un día non tiña nada mellor que facer":





Tendo en conta que eu non teño vlog, só un fotolog e este blog, vou responder. Por que teño un blog? Porque me apetece, simplemente. Porque quería ter un medio onde escribi-las miñas parvadas. Porque sí. E xa está.

Pero indo alén das simples respostas, a pregunta é motivo de reflexión. Por que ten tanto éxito o feito de ter un blog?

Se nos fixamos na súa evolución, vemos que segue a mesma que os medios de comunicación tradicionais. Comezaron cos diarios, seguiron coa radio e após chegou a televisión. Neste eido temos ós blogs como equiparación ós diarios, ós podcasts como equivalente á radio e ós vlogs como equivalente á televisión. A modernización pasou tan rápido que algúns aínda nos quedamos no primeiro peldaño da escala, e dubido que saiamos del.

E ahí está o éxito, en toma-los blogs como un medio de comunicación con unha audiencia potencial estremadamente elevada, que ó mesmo tempo ten un costo nulo e unha dificultade desprezábel. E é que a xente necesita comunicarse, e Internet é un medio excelente para logralo.


Joost

Logo de Joost
Por fin poiden probar hoxe o programa do que tanto se está a falar últimamente: Joost. Dos creadores do Kazaa e do Skype, Joost é un programa de televisión baixo demanda en que cada un ve o que lle da a gaña cando lle peta a cambio de ver un anuncio ou dous. Disque é a televisión do futuro. E eu, sinceramente, creomo.

O programa en sí está moi ben. Unha interface intuitiva con moitas opcións e que promete que será personalizábel. Con chat e mensaxaería instantánea mentres ves os programas que che interesan. Aínda así igual que ten as súas partes boas (a calidade de imaxe é perfecta) ten as súas parte malas, que tendo en conta que está en fase beta, supoño que serán solucionadas. Por exemplo, que o rato non desapareza cando estás vendo algo, os deseño dos logos ou que consuma tanto recursos (parece que non está moi optimizado).

Outra cousa que lle vexo, é, de momento, unha falla moi ampla de contidos. Agora mesmo, só hai dúas canles interesantes, a lo menos para mín: World Poker Tour e Sci-fi (versión americana). As canles que teñen acordos con Joost, como National Geographic ou MTV están só dispoñíbeis nos EEUU. Supoño que esto se irá solucionando co paso do tempo tamén, xa que é o factor principal para o éxito da plataforma.

De momento, á versión beta só se pode acceder con invitación. Podedes conseguir unha recheando os datos que aparecen nesta páxina.

Elos

Fai moi pouco tempo, acaba de nacer un novo proxecto capitaneado por Silvio Falcón, do blog Galiza, por sempre, Galiza, chamado Elos, no que estou a participar.

Malia ter a apariencia dun blog normal e corrente, ten unha diferenza substancial co resto: é un blog colaborativo en que galegos espallados por toda a xeografía do Estado escriben coa única condición de que as entradas que se vaian escribendo comecen coa derradeira frase da entrada anterior.

A ver como sae, polo momento semella que vai funcionando. Moita sorte!

Cidade WiFi

Leo n'A Voz de Galicia que o Concello da Coruña ten intención de que a nosa cidade sexa unha Cidade Wifi, é dicir, que haxa Internet inarámico en toda a cidade, comezando neste ano pola Praza de Maria Pita. Algo así non tería por qué ser unha novidade, pois é algo que xa existe en cidades como Bilbao ou San Francisco, por exemplo.

Porén, esta iniciativa si que o é, porque a diferencia das outras, a rede vai ser instalada polo Concello, e non por empresas privadas con permiso e usufruto dela. O que me leva a pensar que moi posíbelmente sexa gratuíto.

Se o final é así, dareille a noraboa a Javier Losada, pois merecerao.

Ligareite como me dea a gaña

Leo a través d'El Mundo que a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (ligaríaa, pero non o farei) está comezando a esixir que tódalas ligazóns que se fagan dende calquera páxina de internet teñan un formato establecido, que é unha fonte Arial en tamaño 12 e en negriña, e a dor será vermello a 155, azul a 26, verde a 23, matiz 254, saturación 189 e luminosidade 89. E aínda por enriba ameazan con tomar accións legais senón se poñen as ligazóns a eles deste xeito.

Que dicir desto? A mín persoalmente paréceme vergoñento que te queiran obrigar a poñer algo dun determinado xeito nunha páxina persoal túa. E quédome coa refelxión que fai o blogger d'El Mundo no artículo que acabo de ligar, tomarán acciones legais contra gúgel por non ligalos así?

Ben, pois por todo isto non os ligo ó principio. Ou o fago como me dea a gaña, ou a tomar vento.

Eu .gal

Seguindo o exemplo de Catalunya co seu Puntcat, tamén xurdiu na Galiza unha iniciativa para acadar un dominio única e exclusivamente galego, para satisface-las necesidades culturais e lingüísticas que o noso país ten.

A coordinación do proxecto lévaa a Asocación PuntoGal, formada en xuño de 2006 por entidades provadas e particulares.

Dende aquí, quero aporta-lo meu graíño de area para tenta-la consecución do dominio con esta entrada, co báner que aparece embaixo á esquerda, e asinando aquí.

Detrás de nós, ven a Asociación PuntuLli, que reivindica o dominio .lli para o País Llïonés. E detrás, o caso vasco, aínda que o teñen aínda máis compricado.

Os cataláns tardaron 5 anos en conseguilo, conseguirémolo nós antes do 2011 ou non seremos quenes de acadalo?

 
ir arriba