Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Mostrar mensagens com a etiqueta Sobor o blog. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Sobor o blog. Mostrar todas as mensagens

Voltamos

Non sei xa cantos meses logo de non actualizar, apeteciame escribir de novo. Así que voltamos por aquí sen presións ningunhas. Iso significa que actualizarei cando me apeteza, sen pórme un límite de tempo entre entradas nin nada diso.

Así que xa nos leremos.

Nova computadora

Semella que algo non quere que actualice o blog, porque cando estaba a coller o ritmo, vai a computadora e se escaralla.... Onte xa merquei un novo, así que xa voltamos a publicar entradas.... Ou polo menos iso agardo.

Trocos

Como podedes ver, fixen uns grandes trocos ao blog hoxe. O que máis resalta é o novo template, pero non é o único: embaixo á dereita podedes ver os últimos comentarios posteados neste blog (que supoño que se actualizará moi de cando en vez, visto o número de xente que postea por aquí), e á esquerda podedes ver un pequeno extracto das miñas fotos de Flickr, que polo momento son moi pouquiñas, mais irei engadindo co tempo.

Por que estes trocos, e por que agora? Por unha simple razón, apetecíame. Pero alén diso, sei que nos últimos tempos, este blog estivo moi abandoado, con só unha ou dúas entradas ao mes. Un pouco por preguiza, outro por desidia, e outro por non saber que escribir, non actualicei o que me gustaría. Quizáis con este troco recupere a ilusión polo blog, que agora mesmo non sei onde está.

Back on track

Os Diarios do Capitán Pescanova voltan a actividade após un tempo de vacacións e reflexión obrigatoria, nos que pasei totalmente de blogs, fotologs, galipedias e demáis roios, para estar a miña bola.

Así que voltamos de novo. Desfruten se queren e poden, eu tentarei face-lo mesmo.

Entrada 101

E agora sí, facemos repaso dos 101 primeiros posts deste blog.

Se teño de ser sincero, nos comezos, eu cría que este blog non ía durar moito, ó igual que lle pasou ós meus primeiros intentos. Porén, após 100 entradas, aínda teño moita corda para escribir, que nos comezos era o principal obxectivo desto. Mais, alén diso, teño de darlle ás grazas a Núria por animarme a comezalo e a mantelo.

Fai poucos días, menos de dúas semanas, o robot de google pasouse por aquí e introduciu este blog na súa base de datos para as procuras. A consecuencia directa disto foi que nese tempo, as visitas pasaron dende unhas 400 ás preto de 1100 que sinalan o contador de abaixo á dereita agora mesmo.

En canto ós contidos, todo tipo de temas tocáronse neste blog, dende política ou cousas de internet até literatura ou cine. Iso é porque isto é un blogue personal, e non pretendo centralo no só tema, simplemente que escribir as miñas cousas nel. Non pretendo nin gañar cartos, nin que este se convirta nun blog de referencia no blogomillo nin nada dese tipo, só escribir. E polo tanto, así seguirá.

E agora, unhas cantas curiosidades:

A procura máis rara en Google que levou ó meu blog: Video de mosquitos volando
A páxina máis visitada alén da portada: Poema dos tres tristes tigres
Motor de búsqueda máis utilizado para chegaren aquí: Google
País dende o que se reciben máis visitas: España
Sistema operativo máis utilizado polos visitantes: Windows XP
Navegador máis utilizado polos visitantes: Microsoft Internet Explorer 6
REsolución de pantalla máis utilizada polos visitantes: 1024x768

5 pavos

5 pavos xustos é o que vale este blog segundo esta páxina.

Xa é bastante máis do que esperaba, contaba cun cero patatero. Aínda así, dame igual, xa que non escribo por diñeiro, escribo por desfogarme e por qué non decilo? Por alimentar o meu ego sabendo que alguén le as laretadas que me adico a escribir cando estou aborrecido.

Comentarios

Sempre teño os comentarios a 0, e hai moita xente que pasa por aquí que non está acostumado á pasar por blogs de Blogger, e algúen aínda dixo fai pouco que non sabía como poñer algo aquí.

Pois ben, é sinxelo. Embaixo de cada post, hai unha ligazón que normalmente pon 0 comentarios, e que pode variar, aínda que non é o habitual. Premendo ahí, sae unha caixa de texto onde se pon o comentario. Despois, introduce-lo nome que queres, e pó-las letras que saen na foto isa, chamada captcha. Premes "publicar comentario" e listo.

Espero que con isto me deixedes algúnha cousiña máis.....

Introdución

Arrrrrrrrrrrrrrrrr, mariñeiro!

Benvidos a esta nova aventura blogueira, que comezo hoxe aquí. Este blog non pretende moito, a verdade. Teño a intención de que sexa o meu vehículo de expresión cara o mundo exterior, dunha maneira xeral, comentando diferentes aspectos da vida e do que pase ó meu redor.

Este é, se non lembro mal, o meu terceiro intento blogueiro, cuarto se temos en conta o meu fotolog. Os anteriores non foron para adiante, xa sea pola miña falla de ganas de actualizaren, ou por outras cousas. Espero e desexo que neste non teña os mesmos problemas, xa que sei que actualizarei este con relativa frecuencia, teño gañas de escribir.

Así e todo, moitas grazas por entraren, e se queres deixarme un comentario, será benvido.

Boa estadía, e benvido.

 
ir arriba