Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Alejandra, Francisco

Parafraseando a Alejandra Pizarnik....

Francisco Francisco
Embaixo estou eu
Francisco

Con este sinxelo poema, a autora quiso describir que detrás das aparienzas e do que se pode ver por fóra, hai unha persoa totalmente distinta a que todo o mundo cre. Non sei cal é a imaxe que proxecto cara o exterior, pero embaixo de mín tamén hai unha persoa totalmente diferente que necesita cousas diferentes ás que precisan as persoas que están ó meu redor.

Quizáis sexa hora de saciar esas necesidades.

Abúrrome, e...

"Non queremos un mundo onde a garantía de non morrer de fame supón o risco de morrer de aburrimento"

Pintada en París en Maio do 68

Babel

Onte, despois de moito tempo, volvín ó cinema. E fun para ver un filme do que me falaran moi ben, Babel. E a verdade é que non me decepcionou.

Ía con moito escepticismo, porque xa se sabe que cando te poñen polas nubes algo, ó final remata por ser menos do que te din, pero atopeime cunha cinta moi ben desenvolvida, cunha trama moi enrevesada á que hai que prestarlle moita atención para segui-lo tempo da acción, que vai cara diante e cara atrás sen sequera decatarte ó non ser que te fixes nos pequenos detalliños que se remarcan nalgunhas escenas.

Por outra parte, as catro historias entreligadas, que no seu fondo tratan sobre catro problemas principais das sociedades actuais, teñen un final bastante diferente ó que eu, polo menos, esperaba. Algunha xente díxome que a trama da adolescente xaponesa estaba metida a presión. Eu persoalmente penso que por unha parte sí, pero vexo o seu comezo como unha maneira de quitarlle tensión ó asunto principal.

En resumo, un bo filme, denso, largo e moi compricado, ó que moita xente pode non gustarlle (de feito á que estaba ó meu carón, que non a coñecía, estivo durante máis da mitade do filme dicindo que a ver se remataba dunha vez, e vin a alguén marcharse da sala), pero que fai pensar, non aburre e non deixa indiferente.

Adelgazar coa Wii

Leo en El País dúas noticias curiosas na mesma ligazón.

A primeira é que nos colexios e institutos de Virxinia do Oeste van instalar videoconsolas ou máquinas recreativas co Dance Dance Revolution para que os nenos poidan facer algo de exercicio, porque din que as clases de ximnasia tradicional xa non lles gustan. Por unha parte, está ben introduci-lo concepto de modernidade e a tecnoloxía nas escolas, pero pola outra... significará isto o fin das clases de ximnasia coas que nós crecimos? Non creo que sexa bó pór ós nenos a xogar á consola en vez de ó fútbol, ó basket ou ó lacrosse, sinceramente.

A segunda é que un americano foi quen de rebaixar 4 kilos nun mes xogando a xogos deportivos na Nintendo Wii (a da foto) durante 30 minutos tódolos días. E aínda por riba, contrataronno para ser monitor de ximnasia coa Wii. Pois mira tí, xa teño excusa para pedirlle unha ós meus pais, que nos últimos tempos andan moi pesados con que adelgace, a ver se hay sorte.

Ligareite como me dea a gaña

Leo a través d'El Mundo que a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (ligaríaa, pero non o farei) está comezando a esixir que tódalas ligazóns que se fagan dende calquera páxina de internet teñan un formato establecido, que é unha fonte Arial en tamaño 12 e en negriña, e a dor será vermello a 155, azul a 26, verde a 23, matiz 254, saturación 189 e luminosidade 89. E aínda por enriba ameazan con tomar accións legais senón se poñen as ligazóns a eles deste xeito.

Que dicir desto? A mín persoalmente paréceme vergoñento que te queiran obrigar a poñer algo dun determinado xeito nunha páxina persoal túa. E quédome coa refelxión que fai o blogger d'El Mundo no artículo que acabo de ligar, tomarán acciones legais contra gúgel por non ligalos así?

Ben, pois por todo isto non os ligo ó principio. Ou o fago como me dea a gaña, ou a tomar vento.

 
ir arriba