Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Razas

"Eu non pregunto de que raza é un home, abonda conque sexa un ser humano, ninguén pode ser nada peor"


Galería de Sargadelos

O luns pasado paseime a curiosear pola nova Galería Sargadelos que abriu o día 9 de marzo na Rúa Real, 56. Está dirixida por Yolanda Castaño, que ademáis de poeta é a que da as solucións na parte de letras dese concurso que agora emiten na TVG, Cifras e Letras.

Entrei alí por casualidade, e atopeime con que ademáis do lóxico, é dicir, as cerámicas que venden e tal, teñen unha pequena libraría que no 95% está en galego, e os restante 5% son de escritores galegos que publican en castelán. Algunhas son publicacións moi difíciles de atopar, como un ensaio sobre as represión franquista n'A Coruña no 1936, e na miña opinión, non teñen un prezo excesivo tampouco.

En definitiva, levei unha sorpresa bastante agradábel e atopei un sitio no que previsibelmente mercarei bastantes libros.

Poema dos tres tristes tigres

Tres tristes tigres
comen trigo nun trigal,
o deserto lles rodea,
o trigo se lles vai rematar.

Non hai ren para comer,
non hai ren para beber,
o tempo se lles esgota,
os tres terán que emigrar.

Embárcanse nunha pateira,
comezan a navegar,
as ondas mécenos na auga,
e acaban nadando no mar.

Tentaron nadar até Europa,
porén, morreron de frío,
perseguindo o doce soño
de ter algunha esperanza.

Agora os tres tristes tigres,
xacen no fondo do mar,
só foron tres inmigrantes,
eran pobres, que máis da?


Días de fútbol

Comezando co meu propio ciclo de cine español, vin hoxe Días de Fútbol, dirixida polo director David Serrano no ano 2003.

Na miña opinión, é unha película rara. Non sei se considerala un filme coral, pois aínda que conta as historias de diferentes personaxes tal e como o fan este tipo de cintas, sí que teñen un nexo común entre eles: a amizade cristalizada nun equipo de fútbol.

O filme en sí ten momentos entretidos, malia que vai perdendo intensidade pouco a pouco até chegar ó tramo final, na que a recupera aínda que sin acadar a do comezo da cinta. No que ós actores respecta, fan un papel correcto, sen grandes florituras, estando á altura do que é a película en sí.

En definitiva, un filme pasábel que para un momento de aborrecemento serve.

Namorado

Fai dous días, namoreime. Namoreime dunha canción, que fala de liberdade, democracia e igualdade. Dunha canción que é un símbolo en Portugal, xa que deu comezo á Revolución dos Cravos, que liberou Portugal do Estado Novo de Salazar e de Marcelo Caetano cun golpe sen sangue.

A canción é Grândola, Vila Morena, de José "Zeca" Afonso. Como curiosidade, foi estreada en Galiza, o 10 de maio de 1972, concretamente en Santiago de Compostela.





Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.

 
ir arriba