Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

O lapis do carpinteiro

Onte, ante a imposibilidade de durmir, tocou sesión de cinema nocturno. Dous foron as películas que vín: Ulises, aquela versión clásica protagonizada por Kirk Douglas en 1954, e O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa no 2002 e baseada na novela homónima de Manuel Rivas.

Da primeira, non moito que dicir salvo reseña-la face de parvo que se lle queda a Kirk cando lle botan as maldicións no templo de Troya.

Pero a segunda, encantoume. Unha boa historia ben levada á pantalla grande, os actores ben, cun Luís Tosar na súa liña. E logo, está o punto extra das localizacións, xa que é a única película, que eu saiba, na que sae a zona da miña casa, e iso sempre fai ilusión. Ademáis, tiven a oportunidade de vela en galego, outra cousa bastante rara. En definitiva, recoméndolla a todo o mundo.

Sen palabras

Literalmente sen palabras deixoume esta nova: Keith Richards esnifou as cinzas do seu pai de esmorga.


Miña nai.

Liberdade (2)

"Únicamente cando se perde todo somos libres para actuar"

Illa de Sálvora

Paréceme incrible o que están a facer coa Illa de Sálvora, que é a que está na foto (sacada da Wikipedia) que acompaña a ista entrada.

A Illa de Sálvora é unha pequeno trozo de terra sito na Ría de Arousa, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, é dicir, que é unha zona de importante interese ecolóxico e como tal, debe ser protexido. Agora, o debate está en quen debe se-la entidade encargada da súa protección.

I é que esta illa foi recentemente mercada por Caixa Galicia de mans do Marqués de Revilla, por 8.5 millóns de euros, para facer nela proxectos de investigación, reconstrucción do núcleo de poboación, ou proxectos de ocio. O problema é... Até que punto unha entidade privada debe ocuparse do mantemento dela? Non sería mellor que estivera en mans da Xunta? É ético sacar proveito empresarial da illa? Por outro lado, as Caixas de Aforros naceron cunha función social que a maior parte das veces cumpren á perfección, ou case. Pero, pode considerarse este caso como labor social? E, é esta unha das consecuencias do modelo neoliberal no que estamos a vivir?

Na miña opinión, este tipo de propiedades deben ser sempre da Xunta, xa sea por venda ou por expropiación. Non hai ninguén mellor que o Goberno para coidar dos intereses galegos, sexan do que sexan. As empresas, fór cal fór, ó final só teñen un obxectivo, os cartos.


Non

Porque as cancións, para seren boas, non sempre teñen que tratar sobor temáticas trascendentais, como parece semellar. Ás veces, un bó contido humorístico centrado nunha frase que é totalmente certa, pode facer un gran tema. E se aínda trae recordos da mocidade colectiva, xa non hai máis que engadir.

Aerolíneas Federales -> Non todo é o que parece.


 
ir arriba