Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Las Cortes 2

Fará un algo máis dun ano, descubrín, xa non lembro como, un xogo por internet. Semellaba un xogo como outro calquera, como pode ser o Hattrick, ou o Popomundo. Un xogo de rol típico, no que en troques de toma-lo rol de vampiro ou de cazatesouros toma-lo rol dun político. Chamábase Las Cortes.

Non podo estar máis agradecido de atopalo.

I é que este simulador de política foi clave no meu pensamento, tanto político como social. Desenvolvino completamente, plantexándome moitísimas cousas que endexamáis pensara. E non só iso, senón que ademáis atopei xente marabillosa de tódolos lugares do Estado e incluso de fóra del, unha comunidade sorprendente, dende redskins a falanxistas e dende independentistas cántabros a defensores da sacrosanta unidade española todos xuntiños debatendo e pasando bos momentos na Barra dun Bar. En definitiva, madurei moito grazas a un simple xogo de Internet. É curioso, podedes chamarme friki, pero é a verdade.

Dende eiquí, quixera pedirvos ás poucas persoas que len isto e que non xoguen, que polo menos lle den unha oportunidade de máis dunha hora, curioseando e lendo por el. Non vos defraudará, estou seguro.

A vida

"Se vivir é durar, prefiro unha canción d'Os Beatles a un Long Play d'Os Boston Pops."

Mafalda

A noite Sundance

Entérome neste fío de Mundoplus.tv que a partires da semana pasada Antena .neox, un dos canles de Televisión Dixital Terrestre de Antena 3, estaba a emitir un ciclo de cine independente, filmes que se convertiron en obxectos de culto grazas ó seu paso polo Festival de Sundance.

Este ciclo, nomeado como A noite Sundance, emítese nese canle tódolos domingos ás 22 horas, e non só se emiten eses filmes, senón que tamén se proxectarán cortos de directores noveis e hai unha tertulia posterior que repasa o emitido dando a visión propia dos tertulianos. Durará até o 15 de Abril, e os filmes serán en versión orixinal subtitulada ou en castelán, como prefira o espectador.

Este ciclo é importante por dúas cousas. A primeira, é que é un dos primeiros contidos exclusivos da TDT, e a segunda, que é a primeira vez que se fai un ciclo deste tipo con parte das innovacións que permite esta tecnoloxía.

Eiquí tedes os filmes que se emitirán:

21 de Xaneiro: Oldboy

28 de Xaneiro: Saalam Bombay

4 de Febreiro: You can count on me

11 de Febreiro: Primer

18 de Febreiro: Poison

25 de Febreiro: La vida y nada más

4 de Marzo: Heavy

11 de Marzo: Party Monster

18 de Marzo: Temporada de patos

25 de Marzo: Dossier 51

1 de Abril: Pusher

8 de Abril: Swoon

15 de Abril: Mala Sangre

Alomenos eu, penso ver todas as que poida.

O 3A

Coido que non hai quen os entenda.

Fai aproximadamente un mes, días arriba días embaixo, elíminábase unha das tres líñas de bus urbano das que pasaban por Adormideiras, o meu barrio, o 3A, e en troco, reducían a frecuencia da liña 3 de 20 a 13 minutos. Tamén cambiáronlle o percorrido, que na práctica pasou a se-lo que facía o 3A fai uns anos. Dixeron que foi porque os veciños de Adormideiras e de Monte Alto o pediron, cousa que as Asociacións de Veciños negaron.

Ben, pois hoxe anuncian que a partires do luns volverase a poñer a liña 3A porque a súa desaparición, e cito textualmente ó Alcalde, "supuxo un agravio para Adormideiras". Por fin se decataron de que se tarda menos en ir dos Salesianos a Adormideiras a pé que no bus. Agora só falta ver se manteñen a nova frecuencia do 3, coido que así vai ser, e cal vai a ser a frecuencia do 3A.

Agora sí, agora non, primeiro é bó para nós, despois que é un agravio. Coido que non hai quen os entenda.

Xabarín Club

Se onte falaba da Nova Canción Galega, hoxe vou falar da "Novísima Canción Galega" (quedoume ben o termo e todo), que se ve representada pola música surxida ó redor do Xabarín Club. E é que non se pode comprende-la historia i evolución dos que nos 90 éramos uns nenos, e que agora somos universitarios.

A influencia deste programa da Televisión de Galicia na nosa xeración foi impresionante. Quen non lembra o Pero qué jallo é! ou o Estou na lavadora? Deu a coñecer o rock bravú, un rock xenuínamente galego que aínda ten certa influenza na actualidade, e máis se temos en conta que aínda que xa pasou de moda, algúns grupos deste xénero seguen aínda en activo.

Se queredes descarga-las canciones da nosa infanza, deixovos aquí unha ligazón para a descárrega directa. Disfrutádeas.

 
ir arriba