Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Liberdade

"Non podes separa-la paz da liberdade, porque ninguén pode estar en paz, ó non ser que teña a súa liberdade"


El-Hajj Malik El-Shabazz aka Malcom X,
7 de Xaneiro de 1965

In crescendo

Encanta o anuncio do novo Audi S3, déixame embobado cada vez que oio isa Marcha Turca de Mozart tocada cunhas barriñas de metal ancoradas na roda do coche que vai pola Cidade do Cabo. É de verdade, non hai efectos especiais:


Honda contra o quecemento global

Leo en GpUpdate, a antiga F1racing.net, que o monopraza de Honda para a tempada de 2007, o RA107, vai levar a decoración que podedes ollar a foto que está na esquerda, e que podedes ampliar premendo nela. Alí, poderedes ver que o que leva é un Planeta Terra debuxada e sen patrocinador ningún.

Así que dúas cousas:

A primeira, que é a primeira vez en moito tempo que un monopraza non leva sponsors en F1. Haberá que ver como afecta isto ó rendemento económico da escudería, porque podería significar un aumento importantísimo do presuposto e do investimento da casa nai no deporte.

E a segunda, e máis importante, o motivo desta decoración: a concienciación contra o quecemento global. Reconforta ver como as grandes empresas comezan a tomar conciencia do grande problema que estamos a ter nesta época, e como pouco a pouco van poñendo o seu pequeno gran de area nun deporte que chega a tanta xente como é a F1.

O condutor que quería ser Deus

Onte volvín a coller un libro, após moito tempo. E foi un da editora da que vos falaba fai un tempo, a Rinoceronte Editora. O libro escollido foi O condutor de autobus que quería ser Deus, do escritor israelí Etgar Keret.


É un libro de contos moi rápido e axil, que se le moi rápido, en dúas horas eu tiñao rematado. E é unha sorpresa xa dende o comezo, pois malia o título escollido, este conto non é o de máis peso do libro, sendo o que leva todo o relato titulado "A colonia de vacacións de Keller", que trata da historia dun mozo que vive nun mundo onde só hai personas que se suicidaron, e onde vive aventuras en busca da que fora a súa namorada na Terra. A partires desta historia, o autor trata varios temas bastante difíciles, como a guerra palestino-israelí, a relixión, o amor, o sentido da vida ou a morte, sendo precisamente este último tema unha constante en tódolos relatos.

Amáis, os pequenos toques de humor que aporta grazas a situacións subrrealistas -é impagábel o ver a un Mesías propietario dun chalé no campo no que todo o día soa música trance e no que está rodeado de mulleres espidas- e ó uso da xerga xuvenil fan ós relatos aínda máis entretidos.

En definitiva, un bó libro do que gostei moito e que non pure para de ler até rematalo. Podédelo descarregar en pedeefe premendo nesta ligazón.

Por outro lado, buscando cousas sobre Etgar Keret, atopei esta entrevista en El Mundo, no que demostra ser un nacho moi simpático e ocorrente.

Sete metros

Apareces. Miro. Suspiro.
7m
Vento.Ola!Fermosura.Corazón.


Qué tal? Ben. Miro.
6m
Sorpresa. Nome. Outro nome.

Ollos. Cidade. Outra cidade.
5m
Palabra. Bolboreta.

Cabelo. Cabalo.
4m
Cine. Sorriso.

Mirada.
3m
Risa. Manos.

Frechazo.
2m
Frechazo.

Beizos

0m

 
ir arriba