Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

Musicovery

Grazas ó magnífico plugin para Firefox, o StumbleUpon, descubrín fai unha semana aproximadamente unha páxina chamada Musicovery. Nese tempo, esa páxina pasou a ser unha das máis visitadas dende o meu ordenador, sobre todo cando boto unhas mans de póquer ou estou a ler algo.

Que é Musicovery? Eles chámanse a sí mesmos Interactive WebRadio, ou sexa Radio Interactiva por Internet, o que define bastante ben a páxina. Ti chegas alí, e atopas unha especie de control de reprodutor á esquerda, e unhas instruccións de uso á dereita.

Podes elixir entre, por suposto, o xénero de música que queres escoitar, de que década queres que sexa, e se queres escoitar só cancións que foran éxitos ou tamén outras que non sexan moi coñecidas. Cando o fagas, pos o teu ánimo ou as túas gañas de bailar nuns eixos, e o reprodutor vaiche sacando cancións segundo eses parámetros.

Musicovery ten dúas versións, LoFi, de balde, e HiFi, de pago. A de pago non a probei aínda, pero mellora a que é a falla principal da versión de balde, a calidade do sonido das cancións, moi baixa. Porén, cal é a principal virtude desta web? Descubrir música non coñecida sen necesidade de estaren investigando por ahí. E precisamente é o que me adico a facer mentres xogo ó póquer.

País de pandereta

Cada día sorpréndenme mais as novas que saen nos xornais. Por se non nos chegara co do secuestro d'El Jueves (os debuxantes da portada irán a xuízo e todo), do que xa está todo dito, atopo novas que non sei como se poden dar en pleno século XXI.

Resulta que un xuíz quítalle en Murcia a custodia das fillas a unha nai por seren lesbiana. Ten que "elixir entre as fillas ou a súa nova parella". Menos mal que non hai discriminación por tendencia sexual, que se a houbera....

Por outro lado, resulta que en Ourense hai máis xefes que funcionarios e auxilares xuntos, e resulta que algúns cobran máis por complementos que por salario. Dame no nariz que é só un caso máis de malgasto dos cartos dos contribuíntes, tan típico por estes lares.

E xa, para rematar, resulta que fai 62 anos, un cura enterrou a un maquis na porta do cemiterio para que "todo o mundo puidera pisotea-la tumba do rojo". Suponse que a Igrexa non ten malicia, pero como todo o relacionado con ela, non é máis que unha tapadeira.

Así vai o país logo, se saen novas como estas, que chocan frontalmente contra o sentido común.

Como xogar mal un pocket pair decente? (II)

Se fai un tempo colgaba no blog un vídeo no que se veía a Jeniffer Tilly, xogando fatal unha mano de comezo especialmente boa, e no que quedaba en ridículo (xa coñecido como Tillydonk), colgo agora o mesmo vídeo lixeiramente modificado, xa que como non podía ser doutra forma, xa saíron versións de coña. Está en inglés, pero creo que se entende bastante ben.


Os poderes de Estado

"Comezando pola Monarquía e seguindo pola Igrexa, ningún poder nacional pensou máis que en sí mesmo"

Hustle

Fai tres días, atopábame eu navegando por Peliculasonline.net, procurando algo que ollar, cando o título desta serie chamou a miña atención: Hustle (La Movida). Non sabía nin de que ía, realmente pensaba que trataba sobre discotecas ou algo así, xa que en España, esta serie a botou People+Arts, e nunca ouvira falar dela. Ten catro tempadas de seis capítulos cada unha, estando unha quinta confirmada.

Esta serie, feita pola BBC, trata de cinco timadores, os seus timos e as súas relacións persoais. Porén, a pesares de que a primeira vista semella unha serie típica, ten unha serie de factores que a fan destacar sobre outras series do xénero. Para comezar, a factura técnica é moi boa, da gusto ve-la fotografía (sobre todo a utilización maxistral da cuarta parede) e os guións enganchan sen remedio. Os momentos "ida de olla" están moi ben metidos, un exemplo, cando nun dos últimos capítulos da primeira tempada, o loiro e o chico de color comezan a bailar nun musical de película para lograr timar a un dono de casino cuxa única pasión é o cine. E por suposto, como serie inglesa, ten os seus moitísimos puntos graciosos.

A parte mala: o loiro e a moza non teñen nin idea de actuar, pero queda compensado polas boas interpretacións do resto, sobre todo dos dous máis maiores, interpretados por Robert Vaughn e Robert Glenister.

A verdade é que a recomendo, sobre todo tendo en conta que non fai falla ver tódolos capítulos seguidos. Está moi ben para tempos mortos do día nos que estás aburrido e non tes nada máis que facer.

 
ir arriba