Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

O mundo ó revés

Cando é nova que a circulación dunha cidade é, por un día, fluída, é que algo vai mal. Imaxinade como ten que estar isto para que algo que debería de se-lo normal n'A Coruña -e en calquera outra urbe- apareza no xornal. E é que non é un segredo que o tráfico nesta cidade é unha verdadero sufrimento tanto para o condutor como para o Concello.

Motivos? Os de sempre: mala planificación no PXOM, a aplicación de parches que son pan para hoxe e fame para mañá... Chear o subchán da cidade con aparcamentos e máis aparcamentos nunca foi unha solución para o problema do transporte. Que faremos entón cando non cheguen? E cando a cidade medre tanto que un metro xa sexa preciso? Onde o meteremos se xa escavamos todo o que se podía escavar? E ese día non está tan lonxe, cando cidades como Palma de Mallorca, que só ten 100.000 habitantes máis (agás en verán, iso si), xa o ten.

Algúns dirán: o metro lixeiro. Parece ser que vaise instalar a partires das vías do tranvía turístico que temos (sí, ese que non dá máis que perdas de presuposto). Lembremos que fai uns anos xa houbo unha proba de un par de días, que non tiñan pinta de ser máis que unha exhibición. Semella unha boa solución, pero, por onde o fas pasar? En San Andrés, onde o metes? Como o fas baixar até Adormideiras, a miña casa? E na Ronda de Nelle?

Na miña opinión, este tipo de transporte non debería ser máis que un complemento ó metro de toda a vida. E este, tarde ou cedo rematará por chegar á cidade. Por que, por unha vez e aproveitando que Busquets está a redactar un novo PXOM, non temos visión de futuro e preparamos á cidade para algo que, de seguro, ten que chegar?

Back on track

Os Diarios do Capitán Pescanova voltan a actividade após un tempo de vacacións e reflexión obrigatoria, nos que pasei totalmente de blogs, fotologs, galipedias e demáis roios, para estar a miña bola.

Así que voltamos de novo. Desfruten se queren e poden, eu tentarei face-lo mesmo.

Estados Unidos

"Resistide, soldados, Estados Unidos terá que gañar algunha guerra!"

O Teleoperador

Estaba eu hoxe todo tranquilo a iso da unha da tarde no salón da miña casa, vendo unha película, cando soa o teléfono fixo. Ao descolgar, soa unha voz con acento arxentino. Relato a conversa (non de xeito textual, pero acércase moito) facéndolle unha pequena homenaxe a El Teleoperador:

TELEOPERADOR: Hola buenos días, ¿está (a persoa que ten a liña ó seu nome)?

EU: No, no está en este momento.

TO: ¿Y con quién tengo el inmenso placer de hablar?

(As esaxeracións estaban incluídas, sí.)

EU: Con su hijo.

TO: Perfecto... Pues antes de comenzar, ¿tienes más de 18 años?

EU: Sí, ¿por?

TO: Genial.... Mis registros indican que ustedes tienen la línea contratada con Telefónica, ¿no es cierto?

(Cagámola. Venta por teléfono. Tentarei despachalo o antes posíbel.)

EU: Sí, pero estamos muy contentos con ella, y no tenemos intención de cambiar. Hasta lue...

TO: ¿Y el ordenador está con Telefónica también, no?

(Como que o ordenador? Tanto lle custa dicir Internet?)

EU: Sí, pero ya le digo que no...

TO: Muy bien, me llamo XXX, y represento a ya.com para darte una de las mejores noticias de tu vida, una de las nuevas ofertas de nuestra compañí....

(Sí, a esaxeración segue ahí. E a mellor noticia da miña vida nese intre sería que colgaras.)

EU: Le estoy diciendo que no me interesa, estoy muy bien con quien estoy.

TO: ¿Y por qué estás tan contento con Telefónica?

EU: Porque de momento no hemos tenido ningún problema, y estamos muy bien.

(Estouche a dicir que me deixes en paz delicadamente. Non te decatas polo meu tono de voz?)

TO: Pues nosotros te podemos mejorar los servicios que te está dando Telefónica sin necesidad de que la dejes.

(Sí, e de paso un chalet en La Moraleja.)

EU: No estamos interesados.

TO: Pues entonces o es que no sabes de lo que te estoy hablando o no tienes ni idea de Internet.

(Meu fillo, outra cousa non, pero a mín que me toque-lo ego tírame dun pé, vas mal por ahí.)

EU: Pues mira, no, no tengo ni idea de Internet.

(Faise un silencio tenso duns poucos segundos, isa non a agardaba.)

TO: Oye, mirá una cosa, ¿has pensado en cambiarte el tono de voz?

(Sí que se decatara, e aínda por riba pícase)

EU: ¿Y tú has pensa.....?

PIPIPI....PIPIPI

Unha mágoa que non me quedara co nome. Se o chego a saber, chamo alí de novo e lle poño unha queixa.

Musicovery

Grazas ó magnífico plugin para Firefox, o StumbleUpon, descubrín fai unha semana aproximadamente unha páxina chamada Musicovery. Nese tempo, esa páxina pasou a ser unha das máis visitadas dende o meu ordenador, sobre todo cando boto unhas mans de póquer ou estou a ler algo.

Que é Musicovery? Eles chámanse a sí mesmos Interactive WebRadio, ou sexa Radio Interactiva por Internet, o que define bastante ben a páxina. Ti chegas alí, e atopas unha especie de control de reprodutor á esquerda, e unhas instruccións de uso á dereita.

Podes elixir entre, por suposto, o xénero de música que queres escoitar, de que década queres que sexa, e se queres escoitar só cancións que foran éxitos ou tamén outras que non sexan moi coñecidas. Cando o fagas, pos o teu ánimo ou as túas gañas de bailar nuns eixos, e o reprodutor vaiche sacando cancións segundo eses parámetros.

Musicovery ten dúas versións, LoFi, de balde, e HiFi, de pago. A de pago non a probei aínda, pero mellora a que é a falla principal da versión de balde, a calidade do sonido das cancións, moi baixa. Porén, cal é a principal virtude desta web? Descubrir música non coñecida sen necesidade de estaren investigando por ahí. E precisamente é o que me adico a facer mentres xogo ó póquer.

 
ir arriba