Pesquisar neste blogue

Grumetes que pasan por aquí

Os últimos comentarios

A clase política coruñesa

Voltamos á escritura normal cun dous dos temas favoritos deste blogue: A Coruña e a política. Oxalá algún día puidera pillar a os que se presentaron nas anteriores eleccións á alcaldía todos xuntiños, nunha conferencia ou algo así. Íanse cagar.

Primeiro temos ao Alcalde, Javier Losada, do PSdeG-PSOE. Un tío ao que lle toman o pelo tanto desde Madrid como desde Santiago. Pide, non lle dan e cala a boca, en vez de loitar e protestar até que se a den. Aínda se fóra para infrastruturas intrascendentáis vale, mais é para cousas vitais, como a Terceira Rolda, a ampliación do noso Alvedriño ou a conexión do Porto Exterior.

Logo está o Teniente de Alcalde, Henrique Tello, do BNG. Sempre está a dicir que Alvedro vai ter boas novas, que Alvedro vai ben, que leches. E á hora da verdade, un voó a Zaragoza non compensa a perda dunha compañía enteira e o recorte de conexións con Barcelona e Madrid.

Do PP, temos a Carlos Negreira, a oposición. Polo menos en teoría, porque está totalmente desaparecido. Non traballa, non se opón, nada. Dese partido saiu tamén Fernando Corcoba, un tío cun ego tan grande que se funda un partido co seu nome; e como a cousa non vai ben, abandona e funda Unión Coruñesa con Carlos Marcos.

E para rematar, sí, ese Carlos Marcos. E que é para darlle de comer aparte, unha persoa que buscar chegar ao Concello como sexa. Puteou ao Partido Galeguista prostituíndo os ideais dos que disque son os herdeiros de Castelao -nin o galego empregou, maldita sexa- para logo pasar deles e crear a cousa esa.

Que fixo A Coruña para merecerse esta clase política?

Voltamos

Non sei xa cantos meses logo de non actualizar, apeteciame escribir de novo. Así que voltamos por aquí sen presións ningunhas. Iso significa que actualizarei cando me apeteza, sen pórme un límite de tempo entre entradas nin nada diso.

Así que xa nos leremos.

To Do List 2007: Resolución

Alá por comezos de maio, publicara neste blog unha entrada na que enumeraba cousas que gostaría de facer no 2007. Hoxe, derradeiro día do ano, é hora de botar a vista cara atrás e ollar que fixen e que non.

Estudos:

- Aprobar primeiro de filoloxía inglesa limpo.
Quedoume unha, e estou pendente da nota doutra, que eu creo que debería estar aprobada.

- Bota-la solicitude para a beca Séneca.
Nada. Espero botala a comezos deste ano, que sae de novo a convocatoria.

- Saca-lo carné de conducir.
Nada de nada.

- Aprender català a un nivel medio.
Nada. As mesmas catro palabras de sempre.

Concertos e música:

- Ir ver a Héroes del Silencio a Zaragoza.
Feito! En outubro nun marabilloso concerto na Romareda.

- Ir ver a Arctic Monkeys a Vigo.
Nada. Cando lembrei o concerto, xa pasara.

- Ir a Razzmatazz.
Nada.

Películas:

- Ver Blade Runner.
Nada. Porén, a teño baixada e lista para vela en canto atope un pouco de tempo.

- Ver as tres partes de The Godfather.
Nada. Mais xa están na lista de descargas do emule.

Política:

- Afiliarme ó BNG definitivamente.
Nada. E dubido que ao final o faga.

- Implicarme máis nos CAF.
Nada de nada. A miña mesma pasividade de sempre.

Ocio e viaxes:

- Voltar a Barcelona.
Nada.

- Voltar a Madrid.
Nada.

- Ir a Portugal.
Feito! Fun a Oporto no verán deste ano unha fin de semana.

- Voltar a un GP de Fórmula 1.
Nada. A ver se vou ao GP de Europa en Valencia en agosto do 2008.

- Voltar a xogar ó baloncesto en competicións.
Nada, mais non porque non me faltaran ganas.

- Saír unha semana polo menos de vacacións no verán fóra d'A Coruña.
Nada. Só un par de findes soltos, mais non unha semana completa.

Saúde:

- Coller forma física.
Non.

- Adelgazar.
Non moito, mais uns gramos si que adelgacei.

- Deixar de fumar.
Nada. Mais xa sei cando o vou facer.

- Beber menos nos sabados.
Feito! Nos botellóns deixei o whisky, e paseime ao mocho.

Outros:

- Convencer ós meus pais para que me deixen o coche.
Nada. É o que ten non ter carnet de conducir....

- Traballar en verán noutra cidade.
Nada.

- Remata-lo libro.
Nada. Hai uns capítulos dispersos neste blog, case deberiamos falar no 2008 de comezalo...

- Gañar un concurso do que sexa.
Nada. A sorte non é o meu.

Conclusión: Nunca se fai o que se quere na vida, xa sexa por preguiza, porque ao final te botas atrás ou porque aparecen factores esternos que cho impiden. Triste, non é?

Nas vindeiras datas, a To Do List 2008.

Nova computadora

Semella que algo non quere que actualice o blog, porque cando estaba a coller o ritmo, vai a computadora e se escaralla.... Onte xa merquei un novo, así que xa voltamos a publicar entradas.... Ou polo menos iso agardo.

Odio

O odio é un raio reflectido polo espello de cada conciencia individual ata que a forza de rebotar en mil espellos compón unha estraña luminosidade colectiva. Nese momento auroral non se ve máis luz ca esa luz. A partir dese instante todo conclúe ou todo nace. Non doutro xeito se gañan as batallas, menos aínda as guerras. O odio peta primeiro nunha conciencia, bate primeiro contra ela, antes de o facer noutra, rebota acto seguido e vai parar a outra máis, e desta a outra, e así ata que se entretece cohesionando as vontades, grazas a non se sabe que invisible fío. Ese fío é a aceirada luz das conciencias enfrontadas, a rede que todo o envolve é esa luz que, coma a do día, comeza e remata sendo crupuscular, reveladora da cerna da nosa conciencia humana.

O odio é o gran motor da historia. Ningún xeneral arenga ás súas tropas convocándoas ao amor fraterno. Iso fano os sacerdotes nas igrexas. E non sempre. Cando o fan, falan sabendo que teñen diante un público esencialmente composto por mulleres. Nese momento e aínda noutros, están convencidos de que lles deben que represar os sentimentos, porque se se lles desbocan pode ter lugar calquera traxedia. Ese e non outro é o raio que non cesa.

 
ir arriba